Podes consultar aquí todas as actividades:
VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE
Esta proba forma parte do “VII Circuíto da Carreiras Correndo pola Costa da Morte” e do “VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña” ano 2022.
• Destinatarios: a partir dos 3 anos (nados no 2019 e anteriores).
• Día: sábado 2 de xullo.
• Horarios, categorías e distancias:
HORA | CATEGORÍA | DISTANCIAS |
---|---|---|
21.00 horas | PITUFO (2015-2019) | 1.000 m. |
21.10 horas | BENXAMÍN (2013-2014) | 1.000 m. |
21.25 horas | ALEVÍN (2011-2012) | 1.000 m. |
21.40 horas | SENIOR 3K | 3.400 m. |
21.42 horas | INFANTIL, CADETE, XUV. E SENIOR 3K | 3.400 m. |
22.10 horas | SENIOR 10K, M40 e M50 | 10.200 m. |
• Itinerario: núcleo urbano da vila.
• Inscrición: na web www.correndopolacostadamorte.com, ata o domingo 26 de xuño ás 23:59 horas.
• Mais información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)
VII DEPORTE NA RÚA
Xornada lúdica e festiva na que os clubs deportivos da vila sacan ás rúas de Cee as actividades que desenvolven ao longo de todo o ano no concello.
O baloncesto, o atletismo, o fútbol, o fútbol sala, os deportes de contacto, o ciclismo… serán algunhas das disciplinas deportivas que se poderán practicar.
Aviso: as persoas interesados en participar na actividade de ciclismo é preciso que asistan con bicicleta e casco.
• Destinatarios: toda a poboación.
• Día: sábado 16 de xullo.
• Horario: das 11:30 ás 14:00 horas.
• Localizacións: praza 8 de Marzo, rúa Domingo Antonio de Andrade e praza da Constitución.
• Inscrición: gratuíta.
• Mais información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)
XIX DÍA DA BICICLETA CONCELLO DE CEE
As bicicletas percorrerán o concello de Cee grazas á colaboración do Club Ciclista Cee.
A finalidade deste evento non é outro que estimular o uso da bicicleta como medio de locomoción alternativo, ademais de ser beneficioso para a saúde e respectuoso co medio ambiente.
• Destinatarios: a partir dos 4 anos de idade (nados no 2018 e anteriores).
Aviso: o uso do casco é obrigatorio.
• Día: sábado 30 de xullo.
• Horario: das 11:00 ás 14:00 horas.
• Distancia do itinerario: 12,9 km.
• Lugar de saída: avda. Lino Rodríguez Madero, a carón da oficina da Policía Local (parte traseira da casa do concello).
• Lugar de chegada: casetas do paseo marítimo Pepe Sánchez de Cee.
• Inscrición gratuíta: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar) ata o venres 29 de xullo ás 14:00 horas.
• Mais información: no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)
DEPORCAMPUS RC DEPORTIVO CEE VERÁN 2022
Campus de fútbol organizado pola “Fundación RC Deportivo” e impartido por adestradores do Real Club Deportivo.
Esta actividade, que conta coa colaboración da S.R.D. Unión Club Cee, inclúe unha equipación deportiva, almorzo, diploma, sorteo de agasallos e merenda individual.
• Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 14 anos.
• Días: do 27 de xuño ao 1 de xullo.
• Horario: das 10:00 ás 14:00
horas. Dende ás 9:30 h. os adestradores recibirán aos participantes na instalación.
• Instalación: Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos Cee.
• Inscrición:
http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/cee-2022/inicio
A data e hora límite de inscrición será o xoves 23 de xuño ás 12:00 horas.
• Mais información: no email deporcampus@rcdeportivo.es ou ben no teléfono
981.259500 (ext. nº 1-2)
V CAMPUS DE FÚTBOL SALA “CLÍNICA BALDOMAR” F.S.F. VILLA DE CEE 2022
Organizado polo club local de fútbol sala “F.S.F. Villa de Cee”.
Os participantes desfrutarán de: merenda ao mediodía, unha camiseta e unha sesión gratuíta Cines Xunqueira o sábado 2 de xullo.
• Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 13 anos.
• Días: do luns 27 de xuño ao sábado 2 de xullo (sábado horario especial sesión cine Centro Comercial Finis Terrae).
• Horario: das 10:00 ás 13:30 horas.
• Prezo: 40 €/campus.
• Instalación: Pavillón Municipal de Cee.
• Inscrición: ata o xoves 23 de xuño no whatsapp do club tel. 679.012.595
• Máis información: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9).
PROGRAMA “DEPORTE E DIVERSIÓN” CONCELLO DE CEE VERÁN 2022
Talleres de condución vial con quads infantís e unha gran ximcana lúdicodeportiva no areal da praia da Concha, serán as actividades protagonistas deste programa.
• Destinatarios: 60 nenos e nenas de 7 a 14 anos (nados entre o 2015 e 2008), preferentemente empadroados no Concello de Cee.
• Quendas, días e horarios: 4 quendas de 15 participantes en horario das 10:00 ás 13:00 horas.
1ª quenda: luns 4 e mércores 6 de xullo.
2ª quenda: luns 11 e mércores 13 de xullo.
3ª quenda: luns 18 e mércores 20 de xullo.
4ª quenda: martes 26 e mércores 27 de xullo.
• Localización: casetas do paseo marítimo do Alcalde Pepe Sánchez de Cee.
• Inscrición gratuíta: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar) ata o mércores 29 de xuño. No caso de existir máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público o xoves 30 de xuño no salón de Plenos da Casa do Concello.
• Máis información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)
XIII CAMPUS DE BALONCESTO “A.C.B. COSTA DA MORTE” CEE VERÁN 2022
Campus de baloncesto organizado polo club local de baloncesto “A.C.B. Costa da
Morte”. Nesta actividade traballaranse dun xeito lúdico e divertido os fundamentos técnicos do baloncesto: movemento de mans e pés de forma equilibrada,
o pase, a recepción do balón, o bote, o tiro a canastra, os principios básicos da defensa e o ataque,…
•Destinatarios: rapaces e rapazas de 4 a 17 anos.
•Días: martes e xoves (durante os meses de xullo e agosto). A actividade comezará o martes 5 de xullo.
• Grupos, horarios e prezos:
Grupo 1 (de 12 a 17 anos): das 9:30 ás 11:00 horas. Prezo: 20€/mes
Grupo 2 (de 4 a 11 anos): das 11:00 ás 13:00 horas. Prezo: 25€/mes
• Instalación:Pavillón Municipal de Cee.
• Inscrición e máis información: no email do club acbcostadamorte@hotmail.com, na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no
teléfono 981.745100 (ext. nº 9)
CAMPUS DE FÚTBOL“S.R.D. UNIÓN CLUB CEE” VERÁN 2022
Actividades organizadas polo club local de fútbol “S.R.D. Unión Club Cee” durante o mes de xullo, no Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos de Cee.
CAMPUS DE TÉCNIFICACIÓN (do 4 ao 27 de xullo)
• Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 13 anos.
• Grupos, días e horarios:
Grupo 1 (nados entre 2009-2013): luns e mércores das 10:00 ás 11:30 horas.
Grupo 2 (nados entre 2014-2018): luns e mércores das 11:30 ás 13:00 horas.
• Prezo:30 €/campus (2º irmán 15 €)
CAMPAMENTO FÚTBOL FEMININO (do 5 ao 28 de xullo)
• Destinatarios: categoría PROMESAS (nenas nadas entre 2010-2015).
• Días e horarios: martes e xoves das 11:00 ás 12:30 horas.
• Inscrición: gratuíta.
Inscrición e máis información: a partir do martes 1 de xuño vía telefónica ou whatsapp 665.168.663, ou no email unionclubcee@gmail.com
ESCOLA DE VERÁN “CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO” VERÁN 2022
Escola organizada polo “Club Cee deportes de Contacto”. O taekwon-do ITF e kick boxing serán as disciplinas que se desenvolverán nesta escola deportiva.
•Destinatarios: nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade.
• Días: luns, mércores e venres (durante os meses de xullo e agosto). A actividade comezará o luns 4 de xullo.
• Grupos e horarios:
Grupo 1 (a partir dos 16 anos): das 10:00 ás 11:30 horas.
Grupo 2 (de 9 a 15 anos): das 11:30 ás 12:30 horas.
Grupo 3 (de 4 a 8 anos): das 12:30 ás 13:30 horas.
• Instalación: Pavillón Municipal de Brens.
• Inscrición e máis información: no teléfono do club 661.910.234 ou ben no email clubceedc@hotmail.com
CAMPUS MULTIDEPORTE “PISCINA MUNICIPAL DE CEE” VERÁN 2022
Xogos, inchables, natación, deportes de loita, kayaks, nadar-surf, clases dirixidas con soporte musical, obradoiros, manualidades, saídas …
• Destinatarios:nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade.
• Quendas:
1ª quenda: do 4 ao 15 de xullo.
2ª quenda: do 18 ao 29 de xullo.
3ª quenda: do 1 ao 12 de agosto.
4ª quenda: do 22 ao 2 de setembro.
• Horarios: das 10:00 ás 14:00 horas.
• Instalacións: complexo deportivo da Piscina Municipal de Cee.
• Prezos:
63,77 €/quenda ABONADOS
127,54 €/quenda NON ABONADOS
Descontos 10% por máis dunha quenda
• Máis información: na recepción da piscina, chamando aos teléfonos 981.745201 – 648.017.280 ou ben no email info@viraxes.com
CAMPUS DE TENIS DE MESA “A.D. ZAS” CEE VERÁN 2022
Organizado polo club de tenis de mesa “Agrupación Deportiva Zas”.
Coa intención de darlle continuidade á escola deportiva posta en marcha durante o pasado curso, preténdese promocionar a práctica desta disciplina deportiva desenvolvendo dun xeito lúdico-recreativo aspectos técnico-tácticos para entender o tenis de mesa, tipos de golpes, regras principais, postura entre outros.
• Destinatarios: nenos e nenas a partir dos 7 anos.
• Días: luns e mércores.
• Datas: do 20 de xullo ao 31 de agosto.
• Horarios: das 11:00 ás 13:00 horas.
• Instalación: Pavillón Municipal de Cee.
• Inscrición gratuíta: no teléfono do club 653.336.768 (A.D. Zas) ou na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)
CAMPUS DE VERÁN “CLUB ARTE E MOVEMENTO” 2022
Actividades organizadas polo club local “Club Arte e Movemento” durante os meses de xullo e agosto.
POBOACIÓN INFANTIL (nenos e nenas de 5 a 16 anos)
CAMPUS TAEKWONDO
• Prezo: 20 €/mes (1 día á semana)
37 €/mes (2 días á semana)
CAMPUS XIMNASIA ACROBÁTICA
• Prezo: 20 €/mes (1 día á semana)
37 €/mes (2 días á semana)
CAMPUS DANCE TALENT (TIKTOK, HIP HOP E CARIBEÑOS)
• Prezo: 20 €/mes (1 día á semana)
37 €/mes (2 días á semana)
POBOACIÓN ADULTA (a partir dos 16 anos)
CURSO INTENSIVO SOLO LADYS
• Prezo: 17€/mes (1 día á semana)
BAILE PARELLAS
• Prezo: 20€/mes (1 día á semana)
Inscrición e mais información (horarios, idades, grupos,…): no teléfono 607.323.391
PROGRAMA “RESPIRA” CONCELLO DE CEE VERÁN 2022
Programa de conciliación familiar durante os meses de xullo e agosto, no que as actividades lúdicas serán as protagonistas.
• Destinatarios: 45 nenos e nenas de 3 a 10 anos (nenos de 3 anos xa escolarizados)
• Días, horarios e quendas: de luns a venres, das 10:00 ás 14:00 horas.
1ª quenda: do 4 ao 15 de xullo.
2ª quenda: do 18 ao 29 de xullo.
3ª quenda: do 1 ao 12 de agosto.
4ªquenda: do 17 ao 31 de agosto.
*Posibilidade e inscrición por quendas ou meses.
• Instalación: no C.E.I.P. Eugenio López de Cee.
• Inscrición gratuíta: na oficina do Centro de Información á Muller do Concello de Cee (2º andar) ata o venres 17 de xuño. A adxudicación de prazas efectuarase previa valoración dos requisitos establecidos.
• Mais información: na web municipal www.cee.gal, na oficina do Centro de Información á Muller do concello de Cee (CIM), no teléfono 607.026.795 ou no 981.745100