O prazo, que finalizaba o 31 de marzo de 2020, para cumprir coa obriga de presentar a declaración anual de ingresos polos pensionistas non contributivos viuse suspendido en aplicación da Disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020 e, por tanto, procede renovar o cómputo dos 18 días que restaban para a súa finalización para partir do 1 de xuño de 2020.
Novo prazo de presentación de declaración anual de ingresos de Pensións non Contributivas: dende o 1 de xuño de 2020 ata o 18 de xuño de 2020.