Resolución Aprobación Definitiva da Concesión de Axudas do PEL Reactiva

O Concello aboará o importe das subvencións concedidas logo da presentación da seguinte documentación:

1-. Facturas ou outros documentos legalmente admitidos correspondentes a gastos subvencionables establecidos na base 7,  efectuados entre o 1 de marzo e o 31 de decembro do 2020 así como os xustificantes do seu pagamento. No caso de que as facturas non teñan os conceptos de gasto debidamente especificados, deberán entregar un documento aclaratorio do seu contido, que debe axustarse aos conceptos subvencionados ao amparo desta convocatoria.

BASE 7ª. CONCEPTOS DE GASTO SUBVENCIONABLE

Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, aquelas actividades que estean dentro dos seguintes conceptos de gasto:

 

CONTA DESCRICIÓN DA CONTA
601

Compra de material

Material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza

621

Arrendamentos e canons

Arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións* Gasto directo

*O arrendamento do local de negocio ou instalacións, sempre e cando non sexa parte da vivenda da persoa solicitante ou espazo compartido con outra empresa e non exista relación de parentesco ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade co/a arrendador/a do local, nin sexa socio/a ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendador/a. Así mesmo, exclúense os espazos de coworking.

*O renting de maquinaria, máquinas, vehículos, etc.

622

Reparación e conservación

Adaptación de locais ás medidas de protección fronte á COVID-19 (biombos de protección, etc). Gasto directo

625

Primas seguros

Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Gasto directo

628

Subministracións

Auga, gas, combustibles, electricidade. Gasto directo

 

O IVE non se considerará en ningún caso gasto subvencionable

 

  • En caso de xustificar gastos de aluguer debe aportarse o contrato.
  • En caso de xustificar primas de seguros debe acompañarse o recibo coa póliza.

 

2-. ANEXO DECLARACIÓN OUTRAS AXUDAS.

Declaración de obtención de subvencións ou axudas procedentes doutras administracións entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais e de que a suma de todas elas non supera o límite de 40.000 euros.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN 

Prazo de xustificación ata o 31/03/2021

DOCUMENTACIÓN DE INTERESE:

Resolución de aprobación definitiva concesión de axudas PEL Reactiva
Anexo Declaración doutras axudas

 

Co fin de facilitar o cumprimento das condicións establecidas na base 14ª de dar publicidade ao carácter público do financiamento da actividade realizada, figurando a información nun lugar visible do centro de traballo e na páxina web,  cos logotipos do Concello, da Deputación e mención expresa ao Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña esta dispoñible un modelo de cartel que se pode usar como referencia.

Modelo Cartel PEL Beneficiarios

Deja un comentario

TurismoCee