A realización da compensación pola bonificación do 100 % da atención educativa, así como a relativa aos gastos de mantemento dos centros, levarase a cabo a través dunha convocatoria anual de subvencións co fin de axilizar a concesión destas axudas que garantan a calidade na continuidade dun servizo fundamental prestado ás familias polas escolas infantís 0-3 de titularidade municipal.
A orde do 22 de xullo de 2022 regula as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o curso 2022/23.
Bases da convocatoria
Bases da convocatoria para o curso 2022/2023
ACTUALIZADO 16/12/2022
Concesión da subvención para o curso 2022/2023
Concesión da subvención para o curso 2022/2023