A realización da compensación pola bonificación do 100 % da atención educativa, así como a relativa aos gastos de mantemento dos centros, levarase a cabo a través dunha convocatoria anual de subvencións co fin de axilizar a concesión destas axudas que garantan a calidade na continuidade dun servizo fundamental prestado ás familias polas escolas infantís 0-3 de titularidade municipal.
A orde do 10 de agosto de 2023 regula as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o curso 2023/24.
Bases da convocatoria
Bases da convocatoria para o curso 2023/2024
ACTUALIZADO 09/11/2023
Concesión da subvención para o curso 2023/2024