Todo o DEPORTE no Concello de Cee. Curso 2021-2022

Co novo curso, comeza tamén a Programación Deportiva Municipal do Concello de Cee que foi presentada esta mañá (10/09/2021) en rolda de prensa pola alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, o concelleiro de deportes, Juanma Buiturón e o técnico municipal de deportes, Manolo Calo.
A Concellería de Cultura e Deportes a través do Servizo de Deportes Municipal, en colaboración coa alcaldía xa teñen diseñado o Programa Deportivo Municipal para o novo curso 2021-2022
A pesar da pandemia e as dificultades que derivan dela, o concello de Cee presenta para este novo curso unha oferta físico-deportiva variada, flexible e dirixida a todas as franxas de idade.
Consideramos que o deporte é unha «actividade esencial» porque estar activos é fundamental para a nosa saúde física e mental.
A situación que estamos a vivir fainos ser precavidos, polo que as actividades están adaptadas á realidade da COVID19. Estamos seguros que contamos coa vosa comprensión.
Destacar unha vez máis o papel dos nosos clubs, que «todos a unha» e dun xeito exemplar e responsable, posibilitarán neste curso a práctica dun gran número de disciplinas deportivas. Reiterámosvos as grazas polo voso traballo.
Non queremos esquecernos da importante oferta deportiva coa que contamos ao longo de todo o ano, na instalación deportiva municipal de referencia, o complexo da Piscina Municipal de Cee, que presta un servizo vital a toda a comarca no eido da actividade física e da saúde.
Estudade ben todas as posibilidades e aproveitádeas!
Margarita Lamela Louzán

Podes consultar aquí todas as actividades:

[dflip id="8160" ][/dflip]

ESCOLAS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS

EDUCACIÓN FÍSICA DE BASE

Actividade destinada ao desenvolvemento psicomotriz dos nenos e nenas de 4 a 6 anos (nados 2015-2017).
Día e horario: xoves das 17:00 ás 17:45 horas.
Instalación: no Pavillón Municipal de Brens (Cee).
Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 9).
Prazas limitadas: 18 (grupos de 6, por mor da COVID-19).
Taxa: 40 €/curso.
Forma de pago: único ou fraccionado (20 €/catrimestre)

Data límite de inscrición será o mércores 29 de setembro

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE PATINAXE

Actividade destinada á formación de nenos e nenas de 5 a 14 anos (nados 2007-2016) nas habilidades de deslizamento sobre rodas.
Día, horario e instalación: martes das 19:00 ás 19:45 horas no Pavillón Municipal de Cee.
Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 9).
Prazas limitadas: 18 (grupos de 6, por mor da COVID-19).
Se hai máis pre-inscritos que prazas, os admitidos determinaranse a través dun sorteo público, que terá lugar o xoves 30 de setembro ás 10:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello (2º andar).
Taxa: 40 €/curso.
Forma de pago: único ou fraccionado (20 €/catrimestre).

Data límite de inscrición será o mércores 29 de setembro

ESCOLA DEPORTIVA DE FÚTBOL SALA CLUB F.S.F. VILLA DE CEE

Impartida polo club FÚTBOL SALA FEMENINO VILLA DE CEE.
Categorías, días e horarios:
BENXAMÍNS (nados 2012-2013): luns e mércores das 18:00 ás 19:30 horas.
ALEVÍNS (nados 2010-2011): luns e mércores das 19:30 ás 21:00 horas.
Instalación: no Pavillón Municipal de Cee.
Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ata o 24 de setembro de 2021 ou ben chamando ao teléfono 679.012.595 (F.S.F. Villa de Cee).
Prazas limitadas. Aplicaranse os protocolos COVID-19 da propia entidade e o da Federación Galega de Fútbol.
Prezo: 20 €/mes

Data límite de inscrición será o venres 24 de setembro

ESCOLA DEPORTIVA DE ATLETISMO CLUB ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA

Impartida pola ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA DE CEE dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2014.
Categorías, días e horarios:

BENXAMÍNS e ALEVÍNS (nados entre 2011-2014): luns e mércores das 18:00 ás 19:00 horas.
RESTO DE CATEGORÍAS (nados entre 2004-2010): luns, mércores e venres das 19:00 ás 20:00 horas.
Instalación: no Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos de Cee.
Pre-inscrición: no facebook da Asociación Deportiva Olimpia ata o 29 de setembro de 2021 ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 9).
Prazas limitadas. Aplicaranse os protocolos COVID-19 da propia entidade e o da Federación Galega de Atletismo.
Prezos: Categorías benxamín e alevín: 40 €/trimestre (2 días/semana).
Resto de categorías: 50 €/trimestre (3 días /semana).

Data límite de inscrición será o mércores 29 de setembro

ESCOLA DEPORTIVA DE BALONCESTO CLUB A.C. BALONCESTO CLUB A.C. BALONCESTO COSTA DA MORTE

Impartida polo club de baloncesto A.C.B. COSTA DA MORTE dirixida a nenos e nenas a partir dos 5 anos.
Días e horarios: martes e xoves das 17:45 ás 19:00 horas.
Instalación: no Pavillón Municipal de Cee.
Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ata o 24 de setembro de 2021 ou ben chamando ao teléfono 629.136.817 (Club A.C.B. Costa da Morte).
Prazas limitadas. Aplicaranse os protocolos COVID-19 da propia entidade e o da Federación Galega de Baloncesto.
Prezo: 20 €/mes.

Data límite de inscrición será o venres 24 de setembro

CAMPUS MULTIDEPORTE “PISCINA MUNICIPAL DE CEE” VERÁN 2021

Impartida polo club S.R.D. UNIÓN CLUB CEE dirixida a nenos e nenas a partir dos 4 anos.
Categorías, días e horarios:
BIBERÓNS (2016-2017) e PREBENXAMÍNS (2014-2015): mércores e venres das 17:45 ás 19:00 horas.
BENXAMÍNS (2012-2013): martes e xoves das 17:45 ás 19:00 horas.
ALEVÍNS (2010-2011): mércores e venres das 18:15 ás 19:30 horas.
PROMESAS FEMININO (2010-2015): martes e xoves das 18:15 ás 19:30 horas.
INFANTÍS (2008-2009): martes e xoves das 19:00 ás 20:45 horas.
CADETES (2006-2007): mércores e venres das 19:00 ás 20:45 horas.
XUVENÍS (2003-2004-2005): martes e xoves das 19:30 ás 21:15 horas.
Instalación: no Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos de Cee.
Pre-inscrición: no Estadio, chamando ao teléfono/whatsapp 665.168.663 ou ben no email unionclubcee@gmail.com
Prazas limitadas. Aplicaranse os protocolos COVID-19 da propia entidade e o da Federación Galega de Fútbol.
Prezo: 15 €/mes (2 irmáns 25€/mes).

ESCOLAS DE TAEKWONDO E BAILE DEPORTIVO CLUB ARTE E MOVEMENTO

Club oficial recoñecido pola Federación Española de Taekwondo e pola Federación Española de Baile Deportivo (latinos, tiktok,…). Escolas impartidas polo CLUB ARTE E MOVEMENTO dirixidas a nenos e nenas a partir dos 3 anos.
Días, horarios e instalación: segundo idade e actividade nas instalacións do club Arte e Movemento.
Prazas limitadas. Aplicaranse os protocolos COVID-19 da propia entidade e o das Federacións Galegas correspondentes.
Máis información: no club sede sita na rúa de Lugo nº 3 de Cee, ou ben chamando ao teléfono 607.323.391

ESCOLAS DE TAEKWON-DO I.T.F. E KICKBOXING CLUB CEE DE DEPORTES DE CONTACTO

Club recoñecido pola FITE (Federación Internacional de Taekwon-Do ITF España) e pola Federación Galega de Kickboxing. Escolas impartidas polo CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO dirixidas a nenos e nenas a partir dos 4 anos.
Días e instalación: luns e mércores no Pavillón Municipal de Brens.
Actividades, grupos e horarios:
TAEKWON-DO ITF ~ Grupo 4 a 8 anos: das 18:00 ás 19:00 horas / Grupo 9 a 14 anos: das 19:00 ás 20:00 horas / Grupo maiores de 15 anos: das 20:00 ás 21:00 horas.
KICKBOXING ~ Grupo maiores de15 anos: das 21:00 ás 22:30 horas.

Pre-inscrición e máis información: chamando aos teléfonos 647.654.675 – 661.910.234 ou ben no email clubceedc@hotmail.es

Prazas limitadas. Aplicaranse os protocolos COVID-19 da propia entidade e os das Federacións Galegas correspondentes.

Prezo: menores 15 €/mes.

ESCOLAS DE TENIS DE MESA CLUB AGRUPACIÓN DEPORTIVA DE ZAS

Impartida polo club de tenis de mesa AGRUPACIÓN DEPORTIVA ZAS dirixida a nenos e nenas a partir dos 7 anos.
Días e horarios: martes e xoves das 15:30 ás 17:30 horas.
Instalación: no Pavillón Municipal de Cee.
Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ata o 29 de setembro de 2021 ou ben chamando ao teléfono 653.336.768 (club A.D. Zas).
Prazas limitadas. Aplicaranse os protocolos COVID-19 da propia entidade e o da Federación Galega de Tenis de Mesa.
Prezo: 20 €/mes.

Data límite de inscrición será o mércores 29 de setembro.

POBOACIÓN ADULTA

XIMNASIA DE MANTEMENTO

Actividade destinada á poboación adulta con idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos.
Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ata o 29 de setembro de 2021 ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 9).
O número de prazas dispoñibles variará dunhas localizacións a outras debido ás restricións da COVID-19. As dimensións das instalacións onde se desenvolverán estas actividades determinan tanto o número, como a composición dos grupos.

GRUPO CEE (Data prevista comezo luns 4 outubro).

Días, horarios e instalación: luns, mércores e xoves das 19:00 ás 19:45 horas.
Instalación: no ximnasio do antigo “Instituto Raíces”.
Taxa: 84 €/curso. Forma de pago: único ou fraccionado (42 €/catrimestre).
Prazas limitadas: 6.
No 1º catrimestre haberá un único grupo de 6 persoas máis un monitor. O sistema para determinalo, será a través dun sorteo público entre as persoas pre-inscritas, que terá lugar o xoves 30 de setembro ás 10:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello (2º andar).

GRUPO BRENS (Data prevista comezo martes 5 outubro).

Días e horarios: martes e xoves das 20:00 ás 20:45 horas.
Instalación: no Pavillón Municipal de Brens.
Taxa: 64 €/curso. Forma de pago: único ou fraccionado (32 €/catrimestre).
Prazas limitadas: 18.
No 1º catrimestre haberá un máximo de tres grupos de 6 persoas máis un monitor.

GRUPO PEREIRIÑA (Data prevista comezo luns 4 outubro).

Días e horarios: luns e mércores das 20:00 ás 20:45 horas.
Lugar: no salón Casa da Cultura de Pereiriña.
Taxa: 64 €/curso. Forma de pago: único ou fraccionado (32 €/catrimestre).
Prazas limitadas: 6.
No 1º catrimestre haberá un único grupo de 6 persoas máis un monitor. O sistema para determinalo, será a través dun sorteo público entre as persoas pre-inscritas, que terá lugar o xoves 30 de setembro ás 10:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello (2º andar).

GRUPO TOBA (Data prevista comezo luns 4 outubro).

Días e horarios: luns e mércores das 21:15 ás 22:00 horas.
Lugar: na escola antiga de Cabaleriza.
Taxa: 64 €/curso. Forma de pago: único ou fraccionado (32 €/catrimestre).
Prazas limitadas: 6.
No 1º catrimestre haberá un único grupo de 6 persoas máis un monitor. O sistema para determinalo, será a través dun sorteo público entre as persoas pre-inscritas, que terá lugar o xoves 30 de setembro ás 10:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello (2º andar)

ACTIVIDADE FÍSICA MAIORES DE 65 ANOS

(Data prevista comezo martes 5 outubro).
Actividade para proporcionar un benestar físico e psíquico continuado ás persoas maiores de 65 anos.
Días e horarios:

Martes das 17:30 ás 18:15 horas.
Xoves das 18:00 ás 18:45 horas.
Instalación: no ximnasio do antigo “Instituto Raíces”.
Pre-inscrición: na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee ata o 29 de setembro de 2021 ou ben chamando ao teléfono 981.745100 (ext. nº 9).
Taxa: 20 €/curso.
Prazas limitadas: 6.
Haberá un único grupo de 6 persoas máis un monitor. O sistema para determinalo, será a través dun sorteo público entre as persoas pre-inscritas, que terá lugar o xoves 30 de setembro ás 10:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello (2º andar).

ESCOLAS BAILE, TAEKWONDO, ZUMBA, PILATES, HIIT E SINGLE ADULTOS. CLUB ARTE E MOVEMENTO

Club oficial recoñecido pola Federación Española de Taekwondo e pola Federación Española de Baile Deportivo. Escolas impartidas polo CLUB ARTE E MOVEMENTO dirixidas a adultos.
Días, horarios e instalación: segundo idade e actividade nas instalacións do club Arte e Movemento.
Prazas limitadas. Aplicaranse os protocolos COVID-19 da propia entidade e o das Federacións Galegas correspondentes.
Máis información: no club sito na rúa de Lugo nº 3 (Cee), ou ben chamando ao teléfono 607.323.391

ESCOLAS TAEKWON-DO I.T.F. E KICKBOXING ADULTOS. CLUB CEE DE DEPORTES DE CONTACTO

Club recoñecido pola FITE (Federación Internacional de Taekwon-Do España) e pola Federación Galega de Kickboxing. Escolas impartidas polo CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO dirixidas a adultos.
Días e instalación: luns e mércores no Pavillón Municipal de Brens.
Horario: das 21:00 ás 22:30 horas.
Pre-inscrición e máis información: chamando aos teléfonos 647.654.675 – 661.910.234 ou ben no email clubceedc@hotmail.es

Prazas limitadas. Aplicaranse os protocolos COVID-19 da propia entidade e os das Federacións Galegas correspondentes.
Prezo: adultos 20 €/mes.

OFERTA ACTIVIDADES DO COMPLEXO DEPORTIVO. PISCINA MUNICIPAL DE CEE

Actividades de auga:

Natación embarazadas, bebés, cursos de iniciación e perfeccionamento, aquagym, preparación probas físicas
oposicións, natación terapéutica…

Actividades de seco:

Tonificación, pilates, abdominais, trx, step, zumba, baile latino, bike, kick boxing-boxeo, jiu-jitsu brasileiro, adestramento persoal, readaptación física, ioga…
Zona cardiovascular e zona con máquinas de musculación.
Destinatarios: toda a poboación.
Días e horarios apertura:

  • De luns a venres das 8:00 ás 14:00 h. e das 16:00 ás 22:00 horas.
  • Sábados das 9:00 ás 14:00 h. e das 16:00 ás 20:00 horas
  • Domingos e festivos das 10:00 ás 14:00 horas.

Instalación: complexo deportivo Piscina Municipal de Cee
Máis información e inscricións: no teléfono 981745201.

Deja un comentario

TurismoCee