XUNTA DE GALICIA. Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas ao alugueiro, mediante a adxudicación directa, ás persoas arrendatarias de vivenda habitual situada no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que, como consecuencia do impacto económico e social da COVID-19, teñan problemas transitorios para atender ao pagamento parcial ou total do alugueiro.

Prazo de presentación:

Do 7 de abril de 2021 ao 30 de setembro de 2021

Persoas beneficiarias e Requisitos

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, na data de presentación da solicitude, cumpran os seguintes requisitos:

a. Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda situada en Galicia cunha duración mínima dun ano.
b. Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa solicitante e da súa unidade de familiar.
c. Estar ao día do pagamento da renda do alugueiro dos tres últimos meses inmediatamente anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda.
d. Estar en situación de vulnerabilidade económica.
e. Que a persoa solicitante e os membros da súa unidade familiar non sexan propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España.
f. Que a persoa solicitante e os membros da súa unidade familiar non teñan parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.

Situación de vulnerabilidade económica a efectos de obter estas axudas.

1. Os supostos de vulnerabilidade económica como consecuencia da COVID 19 requerirán, para os efectos de obter axudas en relación coa renda do alugueiro da vivenda habitual, a concorrencia conxunta dos seguintes requisitos:

a. Que a persoa que estea obrigada a pagar a renda de alugueiro pase a estar, a partir do 14 de marzo de 2020, en situación legal de desemprego, expediente temporal de regulación de emprego, ou reducise  a súa xornada por motivo de coidados ou cesado a súa actividade en caso de traballador por conta propia, ou outras circunstancias similares vinculadas á actividade laboral ou empresarial.

b. Que o conxunto dos ingresos netos dos membros da unidade familiar, no mes anterior á solicitude, non acaden os seguintes importes:

Con caracter xeral, o límite de 3 veces o IPREM.

c. Que a renda, máis os gastos e subministracións básicas do mes anterior á solicitude da axuda, resulte superior ou igual ao 35% dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.

Contía, duración e finalidade das axudas.

1. A contía desta axuda será de ata 500 €/mensuais, sen que en ningún caso poida exceder do importe da renda do contrato.

2. A axuda concederase polo prazo no que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia da COVID-19, durante un período máximo de seis meses consecutivos.

Forma e lugar de presentación de solicitudes.

1. A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. Só se admitirá unha única solicitude por cada vivenda, con independencia do número de titulares do contrato de alugamento.

Prazo de resolución

3 meses dende a súa solicitude.

Deja un comentario

TurismoCee