Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da festa popular denominada PRE-FESTA de Fin de Ano e FESTA DE FIN DE ANO

ANUNCIO

Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da PRE-FESTA DE FIN DE ANO E  FESTA DE FIN DE ANO, no núcleo urbano de Cee, da parroquia de Cee.

  1.  Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa popular denominada PRE-FESTA DE FIN DE ANO e FESTA DE FIN DE ANO, na noite do sábado, 28 de decembro ao domingo, 29 de decembro de 2024, e na noite do martes, 31 de decembro de 2024, ao mércores, 1 de xaneiro de 2025, co cal, o horario máximo de finalización da festa popular referida os días sinalados será ás 06.30 horas.
  2. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, do peche dos establecementos de restauración (epígrafe III.2.5, Orde do 23 de outubro de 2020) e de ocio e entretemento (epígrafe III.2.7, Orde do 23 de outubro de 2020) situados na parroquia de Cee, na noite do sábado, 28 de decembro ao domingo, 29 de decembro de 2024, e na noite do martes, 31 de decembro de 2024, ao mércores, 1 de xaneiro de 2025. A ampliación horaria queda supeditada a que os titulares dos establecementos dispoñan da correspondente licenza municipal de apertura ou teñan presentado no concello a comunicación previa de inicio da actividade con toda a documentación completa esixida polo procedemento.

Resolución Ampliación Horario con motivo da PREFESTA DE FIN DE ANO E FESTA DE FIN DE ANO

Deja un comentario

TurismoCee