BANDO
A Lei Orgánica 5/1995 do Tribunal do Xurado, de 22 de maio, mailo Real Decreto 1398/1995, de 4 de agosto, modificado polos Reais Decretos 2067/1996, de 13 de setembro, e 1271/2012, de 31 de agosto, establecen o procedemento legal para a formación das listas de candidatos a xurados.
A Delegación Provincial da Coruña da Oficina do Censo Electoral vén de determinar que o sorteo para a formación
destas listas para o bienio 2023-2024 se leve a cabo o vindeiro 27 de setembro, ás 12:00 horas na Sala de Xuntas da Oficina do Censo Electoral, situada na Rúa Adelaida Muro, nº 12, CP 15002 A Coruña.
As listas do Censo Electoral vixente para a confección dos candidatos a xurados estarán expostas neste concello a partir do día 15 de setembro ata o 23 de setembro de 2022, para a súa consulta polas persoas interesadas.
O que se fai público para coñecemento xeral.
En Cee, na data da sinatura electrónica
A alcaldesa
Margarita Lamela Louzán