O Concello de Cee declara tres días de loito oficial, do 27 ao 29 de agosto de 2026, polo falecemento de Jesús Manuel García Leal, membro da Policía Local do Concello de Cee.
A declaración acordouse como mostra de respecto, recoñecemento e pesar, así como para trasladar o apoio e a solidariedade da Corporación municipal e de todo o persoal do Concello á súa familia e persoas achegadas, e aos seus compañeiros e compañeiras da Policía Local.
Durante os tres días de loito oficial, as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media hasta e quedarán suspendidos os actos institucionais de carácter festivo organizados polo Concello que resulten incompatibles coa declaración de loito.
O Concello de Cee quere expresar as súas máis sentidas condolencias á familia e ás persoas achegadas de Jesús Manuel García Leal, así como aos seus compañeiros e compañeiras da Policía Local, e manifestar o seu respecto e recoñecemento polos servizos prestados ao Concello de Cee e á súa cidadanía.
Consulta aquí o Decreto da Alcaldía de declaración de tres días de loito oficial.