CEE · COSTA DA MORTE · GALICIA


I Certame Poesía e Relato Curto
Batallón Literario da Costa da Morte


Xa está aquí. Participa e fai historia.


Ler as bases


#palabra #cultura #identidade

30 Anos de Batallón Literario

Este certame nace para conmemorar o 30º aniversario do nacemento do Batallón Literario da Costa da Morte en Cee, un colectivo que marcou unha etapa clave na literatura galega contemporánea.

Tres décadas despois, o seu espírito continúa vivo e convértese no punto de partida desta nova iniciativa.


Coñece o Batallón Literario →

Un certame para crear, compartir e medrar

O Certame de Poesía e Relato Curto «Batallón Literario da Costa da Morte» nace co obxectivo de impulsar a creación literaria en lingua galega e dar visibilidade a novas voces.

Con vocación de continuidade, o certame celebrarase con carácter anual, consolidándose como unha cita cultural de referencia en Cee.

Os anos pares dedicados á poesía e os impares ao relato curto.

Categorías

Poesía e Relato
(2026: Poesía)

Participación

Maiores de 18 anos.
Lingua Galega.

Premio

3.000 €

Premio Único e publicación.

¿Estás a piques de escribir a túa obra?

Prepárate para formar parte da historia literaria da nosa costa.


Data límite de presentación:


27 DE XUÑO


Descargar as bases completas (PDF)