Situada na parroquia de Lires, lugar de gran importancia na ruta xacobea xa que por esta parroquia transcorre o camiño entre Fisterra e Muxía. Foi construída no século XVIII, é un templo de pequenas dimensións de planta basilical con unha soa nave, e unha capela maior cuberta con bóveda de canón. Esta igrexa foi construída para substituír á anterior igrexa que estaba edificada cerca da ría e que corría o risco de inundarse en épocas de mareas vivas.
https://goo.gl/maps/9d47AfvXj8SiDsy39