PROGRAMACIÓN CULTURAL: Primavera Cultural en Cee 2025

No día de onte tivo, 22 de febreiro de 2025, tivo lugar a presentación da programación cultural «Primavera Cultural Cee 2025» no que a alcaldesa Margot Lamela destacou:

En Cee a cultura é símbolo de excelencia.

Cee inspira Cultura, formando parte do noso ADN.

Podo reafirmar que Cee se consolida, unha vez máis, como epicentro cultural da Costa da Morte.

A programación da Primavera Cutural 2025 volve a poñer en valor a nosa propia Cultura, unha programación que se extende dende o 22 de marzo ao 29 de xuño, pero que ten como antesala a estrea da obra de teatro UN DEUS SALVAXE de Talia Teatro, con presentación propia o día 25 de febreiro.    

Unha programación cultural que conecta coas nosas raíces como o día da muiñeira, os festivais da escola de música de Cee, as presentacións das obras de teatro da escola municipal de teatro de Cee, a exhibición do club arte e movemento, a presentación literaria de escritora ceense María Lado ou o tradicional concerto da Banda de Música de Cee, o día das letras galegas….

Pero a cultura que é o reflexo da alma dun pobo, ademáis de ensinarnos a valorar o noso pasado e a construir un futuro mellor, fainos sentir parte de algo máis grande e conectar con outras persoas, de aí a aposta por espectáculos sobre TDAH, o trastarono do déficit de atención con hiperactividade ou unha innovadora programación na biblioteca de Cee, destacando “os préstamos a cegas” no día do libro.

Unha ampla programación pensada para todos os públicos que inclúe musicais (musical dos 80/90), humor cos grandes como Carlos Blanco, Touriñán e Federico Pérez,  teatro destacando a obra os vellos non deben namorarse da agrupación teatral Silvardeiras (24 de maio), exposicións …

Co hastag #CeeCultura2025 queremos poñer en valor unha das señais identitarias que definen a alma da Vila de Cee.

Descubre a programación cultural que florece na vila de Cee coa chegada da Primavera Cultural 2025

22 MARZO

«Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras»

A ceense María Lado, presenta o libro infantil «Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras» (Xerais 2025) na Biblioteca Pública Francisco Mayán ás 19.00 h.

28 MARZO

«No Controles» de Discovery Prods 

Auditorio Baldomero Cores ás 21.00 h.

Musical cos grandes éxitos dos anos 80 e 90. Un espectáculo divertido e deslumbrante para toda a familia. 

Prezo das entradas: 14,50 (Venta anticipada na Biblioteca Municipal) . En taquilla (o propio día da función): 18 €

29 MARZO

«Bulebule»

Auditorio Baldomero Cores ás 19.00 h.

Público: A partir dos 4 anos.

Prezo das entradas: 5 € Entrada xeral / 3 € entrada bonificada

Os náufragos teatro presenta o espectáculo «Bulebule» para público infantil sobre o Trastorno do Déficit de Atención con Hiperactividade. 

Bulebule é unha fermosa obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.

5 ABRIL

«A vida é un frenesí»

Auditorio Baldomero Cores ás 20.30 h.

Entrada anticipada:

  • En Ataquilla.com: 11 € + gastos de xestión
  • Biblioteca Municipal: 11 €

Entrada en taquilla:

  • No propio día da función: 12 € + gastos de xestión.

Barafunda teatro presenta «A vida é un frenesí». Un espectáculo de comedia clown para todos os públicos que trata o paso do tempo, dende a infancia ata a vellez, a familia e a actualidade sociopolítica en clave de humor. A trama teatral, que interactúa co público está dividida en sketchs cómicos. 

Dírixido a público familiar e adulto.

8 ABRIL

«Festival de Semana Santa da Escola de música de Cee»

Auditorio Baldomero Cores ás 19.00 h.

Unha oportunidade para desfrutar e comprobar os progresos do alumnado ó longo deste curso, podendo presenciar actuacións de solistas, dúos e conxuntos das diferentes familias instrumentais. 

12 ABRIL

«Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)»

Auditorio Baldomero Cores ás 20.30 h.

Público: a partir de 12 anos.

Prezo das entradas

  • Entrada xeral: 7 €
  • Entrada bonificada: 5 €

Espectáculo que pretende rirse de si mesmo e de que a xente ría con él. Un espectáculo de humor para que a xente ría. 

14 ABRIL ao 18 ABRIL

«Ceerquiña da Biblio»

Casa da Cultura de 9.30 a 13.30 h. e de 16.00 a 20.00 h.

Actividades destinadas a nenos e nenas dos 6 aos 12 anos, de carácter lúdico – educativo para fomentar a lectura e a creatividade dos máis cativos, ao tempo que se favorece a conciliación durante o período vacacional de Semana Santa. 

Necesario inscrición previa.

19 ABRIL

«A penúltima»

Auditorio Baldomero Cores ás 20.30 h.

Entradas anticipada en Ataquilla.com por 15 € + gastos de xestión

Entrada en taquilla (o propio día da función): 18 € + gastos de xestión

Carlos Blanco bota a penúltima no Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura de Cee. Porque o tempo pasa e… Carlos chega agora con imaxes, con historias novas e vellas pero sempre coas risas garantizadas. 70 minutos divertidos, sanadores… Imprescindibles.

23 ABRIL

Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán.

Día do Libro.

O concello de Cee celebra esta semana a efeméride do día do Libro con varias iniciativas a favor da promoción da lectura:

  • Mostra bibliográfica: Libros sobre libros.
  • Préstamos a cegas: é unha iniciativa na que os usuarios de calquera idade escollen un libro que está envolto, sen coñecer nin título nin autor do exemplar. No paquete haberá unha serie de pistas e comentarios sobre o contido do libro para que o usuario escolla un según as súas preferencias.

26 ABRIL

Os descontacontos

Auditorio Baldomero Cores ás 19.00 h.

Entrada gratuíta.

Galitoons presenta «Os descontacontos» unha divertida sesión de contos . Todos temos unhas marabillosas lembrazas do noso avó ou avoa, cando nos contaba eses contos tan bonitos, acurrucados nos seus brazos…, pero, e se o noso avó Don Carmelo, comeza a contar os contos polo final…

1  MAIO

XXXVII Día da Muiñeira

Praza do 8 de marzo, 17.30 horas

Tradicional evento organizado pola Asociación Cultural Terra de Sena na que dan cita bailaríns de toda Galicia.

3 MAIO

As cantareiras

Auditorio Baldomero Cores – Casa da Cultura de Cee 21.00 horas

Icía Varela e Xosé Manuel Varela: As cantareiras

Presentación do libro que recolle a tradición das cantareiras galegas, este ano homenaxeadas co Día das Letras Galegas. O acto contará coa interpretación de varios temas recollidos de diferentes territorios galegos, cunha presenza especial da Costa da Morte.

10 MAIO

Aquí Tou!

Auditorio Baldomero Cores – Casa da Cultura de Cee, 21.00 horas

Xosé María Touriñán: Aquí Tou

En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.

Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser que hoxe é.

Público: a partir de 12 anos. Entradas en Ataquilla.com.

15 MAIO

Dende Rosalía ata as Cantareiras

Auditorio Baldomero Cores – Casa da Cultura de Cee, 11.30 horas

A Xanela do Maxín: Dende Rosalía ata as Cantareiras

Un espectáculo pensado para o alumnado de ensino primario co que se pretende poñer en valor o legado das mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro ata as cantareiras . Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura. Rosalía de Castro, a poetisa do sentimento; Francisca Herrera Garrido, abrindo camiños; María Mariño: a escritora da terra e do mar; María Victoria Moreno: a narradora infatigable; Xela Arias: a poetisa da palabra libérrima; Luisa Villata: entre versos e escenarios, para rematar coas cantareiras: alma e tradición, creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir. Unha tradición centenaria que segue a deixar pegada nas novas xeracións. Ó remate deste espectáculo terá lugar a entrega de premios dos Concursos de Achegamento ó Libro e Na procura do noso Marcapáxinas da Biblioteca Pública Municipal Francisco Mayán.

17 MAIO

Concerto das Letras Galegas coa Banda de Música de Cee

Auditorio Baldomero Cores ás 21.00 horas

Unha cita que non podía faltar no Día das Letras Galegas. Un concerto especial con moita música tradicional do noso país, e neste ano cun guiño moi especial ás cantareiras, que reciben unha merecida homenaxe como parte fundamental dun legado, o da nosa tradición oral, que chegou ata ós nosos días grazas a elas.

24 MAIO

«Os vellos non deben de namorarse»

Auditorio Baldomero Cores ás 21.00 horas

Agrupación Teatral Silvardeiras: Os vellos non deben de namorarse.

Unha das obras máis populares do teatro galego en tres actos e un epílogo, coa que o Concello de Cee celebra este ano 2025 adicado a Castelao.

Esta é unha farsa que trata dos amores de tres vellos imprudentes, D. Saturio, D. Ramón e o señor Fuco, que teñen a desgracia de poñer os seus ollos na mocedade garrida de tres rapazas novas: Lela, Micaela e Pimpinela. Como consecuencia desa imprudencia, os tres rematan morrendo. D. Saturio, envelenado cun solimán da propia botica. D. Ramón, que por un bico entrega a alma deitado no esterco; e o vinculeiro señor Fuco, que remata por casar coa namorada e morrendo de felicidade.

Público: a partir de 12 anos. Entrada: 2 €

15 XUÑO

«Aquí non paga ninguén»

Auditorio Baldomero Cores ás 21.00 horas

Escola Municipal de Teatro de Cee (Grupo adultos): Aquí non paga ninguén

Versión da coñecida obra do premio Nobel de Literatura, Darío Fo.

Dirección: Artur Trillo

Antonia e Xoán son un matrimonio de obreiros con enormes dificultades para chegar á fin de mes. Un día, cando Antonia vai facer a compra, atópase cunha enorme subida de prezos e cunha morea de mulleres que están protestando no supermercado negándose a pagar. Antonia non dubida en unirse á protesta e acaba levando pola forza unha gran cantidade de comida.

Axudada polas súas amigas Amalia e Margarita, leva toda a comida á súa casa. Antonia sabe que o que fixo vai enfurecer ao seu home, así que, cando o ve chegar, decide agochar parte da «compra» debaixo do abrigo de Margarita para que simule que está embarazada. O enredo está servido.

Publico: a partir 12 anos. Prezo da entrada: 2 €

17 XUÑO

«Festival de fin de curso da Escola de música de Cee»

Auditorio Baldomero Cores ás 19.00 h.

Como cada ano chega o gran concerto final como culminación a nove meses de traballo e esforzo que teñen agora a súa recompensa. Contaremos con variadas actuacións, tanto de alumnado como de agrupacións musicais para rematar coa entrega de diplomas para aqueles alumnos que rematan estudos na Escola.

20 XUÑO

Escola Municipal de Teatro de Cee (Grupo infantil)

Auditorio Baldomero Cores ás 20.30 horas

Escola Municipal de Teatro de Cee (Grupo infantil) baixo a dirección de Toño Casáis presentan:

  • ASEMBLEA DE RATOS:

Unha obra de teatro baseada na fábula de Iriarte, na que uns ratos se reúnen para poder argallar como desfacerse do gato que lles está a amargar a existencia.

  • O DUQUE DE RATAPLÁN:

Unha malvada raíña inventa leis inxustas e crueis que acaban perxudicando ao duque de Rataplán

  • O SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN

Versión da divertida comedia de William Shakespeare

21 XUÑO

Lovismo

Auditorio Baldomero Cores ás 22.00 horas

A Banda da Loba: Lovismo

Da man da Deputación de A Coruña, celebramos o Día Europeo da Música cunha das formacións punteiras do panorama musical galego.

A banda da Loba regresa aos escenarios con máis forza ca nunca. As Lobas reapareceron neste 2025 cun novo traballo, “Lovismo”.

Sen abandonar o seu característico estilo caleidoscópico, falarannos de diferentes tipos de amor a través da bachata, o pop ou a música disco, sen deixar de lado a inspiración literaria da que sempre botan man e reivindican.

A banda está integrada por Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez (violín), Marcela Porto (percusión), Xiana Lastra (voz) e Iria de Cabo (guitarra), que chega á formación substituíndo a Inés Mirás.

ABDL é compromiso, reivindicación e fusión a través dunha música moi diversa e, ao mesmo tempo, moi característica, que encaixa con todo tipo de público.

22 XUÑO

«Quero ser grande»

Auditorio Baldomero Cores ás 20.30 horas

Escola Municipal de Teatro de Cee (Grupo xuvenil), baixo a dirección de Toño Casáis presenta:

  • QUERO SER GRANDE

Unha sucesión de sketchs con situacións cómicas no que os seus personaxes interpretan a nenas e nenos de 6 a 16 anos.

29 XUÑO

Exhibición Arte e Movemento 2025

Auditorio Baldomero Cores ás 17.00 horas

Durante 3 horas poderemos asistir a un auténtico espectáculo de baile a cargo do alumnado deste clube referente en en todo o país polos éxitos acadados incluso a nivel internacional.

EXPOSICIÓNS

ABRIL

«O soño dun neno»

Inauguración: venres 4 de abril, 20.00 horas

Sala de exposicións: do 4 ó 30 de abril

 Luis Lista: O soño dun neno

 Luís Lista Cancela (Coristanco, 1957) é un pintor autodidacta que comezou no mundo do debuxo a carboncillo aos sete anos. Na súa obra predomina o carboncillo, aínda que agora o óleo é un atractivo para el. 

 MAIO

Exposición retrospectiva

Inauguración: venres 2 de maio, 20.00 horas

Sala de exposicións: do 2 ó 30 de maio

Isabel Soutullo:  Exposición retrospectiva

Isabel Soutullo (Coristanco, 1971), regresa a Cee onde xa expuso a finais do ano 2022.

Prácticamente autodidacta, o que mais lle atrae é o impresionismo. Ten obra de óleo sobre lenzo, cestería, murais, collage de reciclado… É membro do grupo pictórico Galeoska, e nesta exposición, Isabel bota a vista atrás e preséntanos un percorrido pola súa variada obra.

Deja un comentario

TurismoCee