Programación Deportiva Verán 2024

Descobre as actividades da programación deportiva municipal para o verán 2024.
A programación deportiva municipal do verán 2024 presentouse esta mañá (30/05/2024) en rolda de prensa pola alcaldesa de Cee, Margot Lamela  e o técnico municipal de deportes, Manolo Calo

Podes consultar aquí todas as actividades:

IX CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE

Destinatarios: a partir dos 3 anos (nados no 2021 e anteriores).
Día: sábado 6 de xullo.
Horarios, categorías e distancias:

HORA CATEGORÍA DISTANCIAS
21.00 horas PITUFO (2016-2021) 400 m.
21.10 horas SUB 10 1.200 m.
21.25 horas SUB 12 1.200 m.
21.40 horas SENIOR 3K (2007 e anteriores) 3.100 m.
21.42 horas SUB 14-16-18 3.100 m.
22.10 horas SENIOR 10K, (SUB 20-23, SENIOR, MASTER 1-2-3-4) 9.300 m.

Itinerario: núcleo urbano da vila.
Inscrición: na web www.correndopolacostadamorte.com, ata o martes 2 de xullo ás 23:59 horas.
Mais información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 3)

IX DEPORTE NA RÚA

 

 

Xornada lúdica e festiva na que os clubs deportivos da vila sacan ás rúas de Cee as actividades que desenvolven ao longo de todo o ano no concello.
O baloncesto, o atletismo, o fútbol, o fútbol sala, baile deportivo, inchables, os deportes de contacto, … serán algunhas das disciplinas deportivas que se poderán practicar.

 

Aviso: as persoas interesados en participar na actividade de ciclismo é preciso que asistan con bicicleta e casco.
Destinatarios: toda a poboación.
Día: sábado 20 de xullo.
Horario: das 11:30 ás 14:00 horas.
Localizacións: praza 8 de Marzo, rúa Domingo Antonio de Andrade e praza da Constitución.
Inscrición: gratuíta.
Mais información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 3)

XXI DÍA DA BICICLETA CONCELLO DE CEE

 

 

As bicicletas percorrerán o concello de Cee grazas á colaboración do Club Ciclista Cee.
A finalidade deste evento non é outro que estimular o uso da bicicleta como medio de locomoción alternativo, ademais de ser beneficioso para a saúde e respectuoso co medio ambiente.
Destinatarios: a partir dos 4 anos de idade (nados no 2020 e anteriores).
Aviso: o uso do casco é obrigatorio.
Día: sábado 27 de xullo.
Horario: as 11.00 h.
Distancia do itinerario: 13 km.
Lugar de saída: avda. Lino Rodríguez Madero, a carón da oficina da Policía Local (parte traseira da casa do concello).
Inscrición gratuíta: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar) ata o venres 26 de xullo ás 14:00 horas.
Mais información: no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 3)

 

I TORNEO DE BALONCESTO 3X3

Primeira edición do torneo basket 3×3 organizado polo club local de baloncesto “A.C.B. Costa da Morte”, coa colaboración do Concello de Cee.

Tamén haberá un concurso de triples.

Destinatarios: categorías infantil, xuvenil e absoluta (mixtas)
Día: sábado 3 de agosto.
• Instalacións e horarios:

FASE DE GRUPOS (Pavillón Municipal de Cee das 10:00 ás 14:00 h.)
FASE FINAL (Praza 8 de marzo-Muller das 21:30 ás 23:30 h.)
Prezos: 10 €/infantil, 30 €/xuvenil-absoluta e 5 €/triples.
Inscricións e máis información: no teléfono 658.696.259 ou ben no email acbcostadamorte@hotmail.com

VII CAMPUS DE FÚTBOL SALA “CENTRO COMERCIAL FINIS TERRAE” F.S.F. VILLA DE CEE 2024


Organizado polo club local de fútbol sala “F.S.F. Villa de Cee”.
Os participantes desfrutarán de: merenda ao mediodía, unha camiseta e unha sesión gratuíta Cines Xunqueira o sábado 1 de xullo.

• Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 13 anos. (2011 – 2018)
• Días: do  25 de xuño ao 28 de xuño (sábado horario especial sesión cine Centro Comercial Finis Terrae).
• Horario: das 10.00  ás 13:00 horas.
• Prezo: 45 €/campus.
• Instalación: Pavillón Municipal de Cee.
• Inscrición: ata o xoves 20 de xuño no whatsapp do club tel. 679.012.595
• Máis información: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 3).

II CAMPUS DE PORTEIR@S NORDES 2024

Campus de fútbol organizado e impartido pola escola de porteiros especializada “Nordés”.

Esta actividade, que conta coa colaboración da S.R.D. Unión Club Cee, desenvolverá un traballo específico de portería en grupos reducidos, con adestradores especializados, visualización e análise de vídeos, etc.

Tamén inclúe dúas camisetas do campus, merenda saudable, trofeo ao gañador/a na 1ª liga de batallas de porteir@s na Costa da Morte, etc.

Destinatarios: nenos e nenas de todas as idades.
Días: do 24 ao 28 de xuño.
Horario: das 9:30 ás 13:00 horas.
Instalación: Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos Cee.
Inscrición e máis información: no teléfono 646.036.777

DEPORCAMPUS RC DEPORTIVO CEE VERÁN 2024

 

 

 

Campus de fútbol organizado pola “Fundación RC Deportivo” e impartido por adestradores do Real Club Deportivo.
Esta actividade, que conta coa colaboración da S.R.D. Unión Club Cee, inclúe unha equipación deportiva, almorzo, diploma, sorteo de agasallos e merenda individual.
• Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 14 anos.
• Días: do 1 de xullo ao 5 de xullo.
• Horario: das 10:00 ás 14:00 horas. Dende ás 9:30 h. os adestradores recibirán aos participantes na instalación.
• Instalación: Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos Cee.
• Inscrición:
https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/cee-2023/inicio
A data e hora límite de inscrición será o 25 de xuño ás 14.00 h.
• Mais información: no email deporcampus@rcdeportivo.es ou ben no teléfono 981.259500 (ext. nº 1-2)

 

 

 

CAMPUS DE ATLETISMO “ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA” CEE VERÁN 2024

 

 

 

Organizado polo club local de atletismo “Asociación Deportiva Olimpia”, coa colaboración do Concello de Cee.
• Destinatarios: nenos e nenas de 7 a 17 anos (nados 2017- 2007).
• Días: do luns 8 ao venres 12 de xullo.
• Horario: das 10:30 ás 12:00 horas.
• Instalación: Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos (pista de atletismo)
• Inscricións e máis información: nos teléfonos 627.183.915 – 695.193.463 ou ben no email adolimpiadecee@gmail.com

 

 

 

 

 

 

 

XV CAMPUS DE BALONCESTO “A.C.B. COSTA DA MORTE” CEE VERÁN 2024


Campus de baloncesto organizado polo club local de baloncesto “A.C.B. Costa da Morte”. Nesta actividade traballaranse dun xeito lúdico e divertido os fundamentos técnicos do baloncesto: movemento de mans e pés de forma equilibrada, o pase, a recepción do balón, o bote, o tiro a canastra, os principios básicos da defensa e o ataque,…
Destinatarios: rapaces e rapazas de 4 a 17 anos.
Do 1 ao 31 de xullo
Grupos, horarios e prezos:
 Turno 1 (nados 2010-2012): luns, mércores e venres das 10:00 ás 13:00 horas. Prezo: 45 €/mes
 Turno 2 (nados 2013 e seguintes): martes e xoves das 10:00 ás 13:00 horas. Prezo: 30€/mes Turno 3 (nados 2007 – 2009): luns, mércores e venres das 20:30 ás 22:30 horas. Prezo: 45 €/mesInstalación:Pavillón Municipal de Cee.
Inscrición e máis información:  inscricións ata o 23 de xuño no email do club acbcostadamorte@hotmail.com, ou no teléfono 658.696.259

Para a realización desta actividade será imprescindible un nº mínimo de inscritos/as.

 

 

CAMPUS DE FÚTBOL“S.R.D. UNIÓN CLUB CEE” VERÁN 2024

Actividades organizadas polo club local de fútbol “S.R.D. Unión Club Cee” durante o mes de xullo, no Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos de Cee.

CAMPUS DE TÉCNIFICACIÓN (do 8 ao 31 de xullo)



Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 14 anos.

Grupos, días e horarios:
Grupo 1 (nados entre 2010-2015): luns, mércores e venres das 10:00 ás 11:30 horas.
Grupo 2 (nados entre 2015-2019): luns, mércores e venres das 11:30 ás 13:00 horas.

Prezo:55 €/campus (2º irmán 30 €)

Inscrición e mais información: A partir do 3 de xuño no teléfono 658.973.844 (Abraham) ou ben no correo electrónico unionclubcee@gmail.com

 

 

 

 

 

 

 

CAMPAMENTO FÚTBOL FEMININO (do 5 ao 28 de xullo)

Destinatarios: nenas nadas entre 2009-2020

Días e horarios: martes e xoves das 11:00 ás 12:30 horas.

Inscrición: gratuíta. Actividade de promoción

Lugar: Estadio Municipal de San Paio de Refoxos.

Inscrición e mais información: A partir do 3 de xuño no teléfono 658.973.844 (Abraham) ou ben no correo electrónico unionclubcee@gmail.com

 

 

ESCOLA DE VERÁN “CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO” VERÁN 2024

 

 

 

Escola organizada polo “Club Cee deportes de Contacto”. O taekwon-do ITF e kick boxing serán as disciplinas que se desenvolverán nesta escola deportiva.


Destinatarios: nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade.
Días: luns, mércores e venres (durante os meses de xullo e agosto).
Grupos e horarios:
Grupo 1 (a partir dos 16 anos): das 10:00 ás 11:30 horas.
Grupo 2 (de 9 a 15 anos): das 11:30 ás 12:30 horas.
Grupo 3 (de 4 a 8 anos): das 12:30 ás 13:30 horas.
Instalación: Pavillón Municipal de Brens.

Importe: 20 €/mes
Inscrición e máis información: no teléfono do club 661.910.234 ou ben no email clubceedc@hotmail.com

 

 

 

 

CAMPUS DE TENIS DE MESA “A.D. ZAS” CEE VERÁN 2023

 

 

 

 

 

Organizado polo club de tenis de mesa “Agrupación Deportiva Zas”.

Coa intención de promocionar a práctica desta disciplina deportiva, desenvolverase dun xeito lúdico-recreativo aspectos técnico-tácticos para entender o tenis de mesa, tipos de golpes, regras principais, postura entre outros.

Destinatarios: nenos e nenas a partir dos 7 anos.
Días: luns e mércores.
Datas: do 22 de xullo ao 28 de agosto
Horarios: das 11:00 ás 13:00 horas.
Instalación: Pavillón Municipal de Cee.

Prezo/campus: 25 €

Inscrición gratuíta: no teléfono do club 653.336.768 (A.D. Zas) ou na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 3)

CAMPUS MULTIDEPORTE “PISCINA MUNICIPAL DE CEE” VERÁN 2024

 

 

 

Obradoiros e manualidades, natación, inchables auga e seco, deportes de loita, surf, clases dirixidas con soporte musical, excursións, etc.
• Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 10 anos.
• Quendas:
 1ª quenda: do 1 ao 12 de xullo.
 2ª quenda: do 15 ao 26 de xullo.
• Horarios: das 10:00 ás 14:00 horas.
• Instalacións: complexo deportivo da Piscina Municipal de Cee.
Prezos:
 70,82 €/quenda (ABONADOS)
 141,64 €/quenda (NON ABONADOS)
Máis información: na recepción da piscina, chamando aos teléfonos 981.745201 – 648.017.280 ou ben no email info@viraxes.com

 

 

 

 

 

 

 

CAMPUS DE VERÁN “CLUB ARTE E MOVEMENTO”  2024

Actividades organizadas polo club local “Club Arte e Movemento” durante os meses de xullo e agosto.

POBOACIÓN INFANTIL (nenos e nenas de 5 a 16 anos)

CAMPUS BAILE DEPORTIVO
• Prezo: 30 €/mes (1 día á semana)

 

POBOACIÓN ADULTA (a partir dos 16 anos)

INTENSIVO BACHATA
Prezo: 30 €/mes (1 día á semana)

LADY STYLE
Prezo: 30 €/mes (1 día á semana)

Inscrición e mais información (horarios, idades, grupos,…): no teléfono 607.323.391

 

 

CAMPUS DE KICK BOXING “CLUB DEPORTIVO DAFIT” CEE VERÁN 2024

 

 

 

 

Campus organizado polo “Club Deportivo Dafit”, coa colaboración do Concello de Cee.
O kick boxing e o boxeo son as disciplinas que se desenvolverán neste campus durante os meses de xullo e agosto.
Destinatarios: infantil e adultos.
Días: luns e mércores.
Grupos, actividades e horarios:
KICK BOXING
Grupo infantil (5-12 anos e 12-14 anos): Luns e mércores das 12:00 ás 12:45 horas.
Grupo +14 anos e adultos: luns e mércores das 21:15 ás 22:00 horas.
BOXEO
Grupo +14 anos e adultos: luns e mércores das 20:30 ás 21:15 horas.
Instalación: DAFIT Centro de Entrenamiento.
Inscrición e máis información: no teléfono do club 646.953.760 ou ben no email clubdeportivodafit@gmail.com

 

CAMPUS DE VERÁN «CLUB TAEKWONDO JUAN CEE» 2024

 

 

 

 

Actividades organizadas polo «Club Taekwondo Juan Cee» durante os meses de xullo e agosto

Taekwondo

Martes e xoves

  • Horarios: 11.00 – 12.00 h. / 12.00 h. – 13.00 h. / 20.00 – 21.00 h. / 21.00 – 22.00 h

Acrobacias

Mércores

  • Horarios: 11.00 – 12.00 h. / 12.00 h. – 13.00 h.

Inscrición e mais información (horarios, idades e grupos) no teléfono 661.910.411 e Instagram. taekwondo_juan

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja un comentario

TurismoCee