Un 2023 de Cultura E Entretemento para tod@s

UN 2023 DE CULTURA E ENTRETEMENTO PARA TOD@S|

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, o concelleiro de cultura, Juanma Buiturón e o técnico de cultura, Víctor Castiñeira, presentan a programación de xaneiro a maio 2023.

Xaneiro 2023

Sábado 21. Auditorio Baldomero Cores ás 20.00 horas

BESTIARIO TEATRO (Madrid): EL VIAJE A NINGUNA PARTE

(entradas a 5 e 7 euros á venta na Biblioteca Municipal, anticipada, e na taquilla, o día da función). Obra para todos os públicos.

Dirección: Jesús Rodríguez
Intérpretes: Patricia Berenguer, Lorena Cervera, Moisés Chic, Borja Franco, Pablo Ríos, Paula Susavila, Borja Minaya

Unha compañía de cómicos busca o seu lugar nunha España rural, pobre, asolada pola post-guerra. Pouco a pouco os seus lazos familiares e afectivos iranse deteriorando a medida que se dan conta de que quizáis non queda lugar para eles nun mundo que pouco a pouco deixa atrás ó teatro. A compañía inicia entonces a súa última viaxe…
A compañía Bestiario Teatro propónnos este clásico escrito polo gran Fernando Fernán Gómez, que algo sabía de percorrer o o mundo co seu teatro ás costas.

Premio á mellor obra no Certame de Teatro de Ardales 2022 (Málaga) Terceiro Premio Pascual Perat, Premio á Mellor Dirección, Premio Mellor Actriz de Reparto no VI Certame Nacional de Teatro Carcaixent 2022 (Valencia) Primeiro Premio á Mellor Montaxe, Premio ó Mellor Actor Protagonista, Premio ó Mellor Actor de Reparto no I Certame de Teatro Toni Leblanc 2022 (Villaviciosa de Odón- Madrid)

Domingo 22. Auditorio Baldomero Cores ás 19.00 horas

Cee Comedy. Primeiro Ciclo de Humor

LUIS ZAHERA: «CHUNGO»

(entradas á venta en Woutick!es e na Biblioteca Municipal)
Luis Zahera recoñecido e galardoado actor galego (Goya 2019 polo seu papel na película «El Reino» e nominado ós Goya 2023 como actor
principal polo seu papel en «Bestas»), repasa a súa carrera nun espectáculo para desfrutar da súa faceta máis cómica, onde descubriremos a un humorista repleto de «historias e histerias», da súa traxectoria profesional e persoal.

Domingo 29. Auditorio Baldomero Cores ás 18.00 horas.

Rede Galega de Teatros Auditorios de Galicia
A TROPA DE TRAPO: «CATRO MONOS»
Elenco: Marta Ortiz, Brais das Hortas. Espectáculo familiar (+ 3 anos)
(Entradas a 3 e 5 euros á venta na Biblioteca Municipal, anticipada, e na taquilla, o día da función).
Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo : os Tres Monos Sabios. Un mono non oía o que pasaba ao seu redor. Outro non quería ver o que tiña diante. E o último calaba a boca para non dicir todo o que pensaba.
Nós dámoslle a volta. Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar… e van ser catro!
Catro monos, catro historias para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.

Febreiro 2023

Domingo 5. Auditorio Baldomero Cores ás 18.00 horas

(Público familiar, a partir de 5 anos)

RIGOLETTO TEATRO: “CANTANDO CON PINOCHO”
Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia
(Entradas a 3 e 5 euros á venta na Biblioteca Municipal, anticipada, e na taquilla, o día da función)

Cantando con Pinocho, é un proxecto no que a Fada de Cabelos Turquesa e Pepino, contarán o conto que enlazarán cantando en directo con acordeón e piano as cancións inéditas compostas para a obra teatral de Pinocho.

As cancións tratan os temas da liberdade, a amizade, os alimentos ou a importancia de perseguir un soño, entre outros. Abriremos unha
porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de sensibilidade.

Sábado 11. Auditorio Baldomero Cores ás 20.30 horas.

Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

DE STE XEITO PRODS.: «FEMINÍSSIMAS»

Elenco: Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora.

Espectáculo Adultos (+ 14 anos)

(Entradas a 5 e 7 euros á venta na Biblioteca Municipal, anticipada, e na taquilla o día da función)

Creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma. Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven… con 3 maneiras ben distintas de entender o «feminismo»…

Este é o punto de partida desta creación teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentras analizamos, dende a comedia, de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira, tamén de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incogruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Sábado 11. Sala de Exposicións da Casa de Cultura de Cee ás 19.00 h.

ABIGARRADO de Manuel Regueiro

Exposición de pintura, cerámica e fotografía coa colaboración de Ponteceso Cultura Permanente.

Manuel Regueiro y González-Barros é xeólogo e aínda que vive en Madrid, seu pai era de Carballo e súa nai de Soutelo de Montes e pasa os veráns en Corme, polo que a súa variada obra ten sen dúbida profundas raíces galegas.

Nesta súa primeira exposición poderemos ollar óleos, acrílicos, acuarelas e fotografías inspiradas en Galicia e noutros puntos do mundo, xunto as cerámicas que fai no seu taller en Madrid con barros de Buño coa súa filla Macarena.

A exposición ABIGARRADO está formada por moitas das facetas deste artista e xeólogo. Dentro da súa poética podemos atopar un ton mixto. Corme viu medrar a Manuel e a súa lingua alberga a súa historia, a súa forma de compoñer o mundo. Dentro de cada peza, hai un tempo específico para cada detalle. A variación lembra paralela á natureza galega que se estende sen dúbida. Fai, crece e une.

A súa faceta de escritor quedou reflexada na novela “O tesouro de Brando” unha cautivadora historia que transcorre na Costa da Morte.

Manuel Regueiro é ádemas o presidente do Colexio de Xeólogos e asesor técnico na vicepresidencia de relacións internacionais do CSIC.

Martes 21. Entroido

Entroido. Inchables e música na rúa con diferentes agrupacións: Peta Forte, Fumes do Cal, AA.VV. de Toba, Charanga Os Nosos, …

Venres 24. Auditorio Baldomero Cores ás 11.00 horas.

Rede Cultural da Deputación

A viaxe de Rosalía

Un ano mais, o concello de Cee homenaxea á gran poetisa galega, nesta ocasión da man da actriz e titiriteira Larraitz Urruzola Tolosa, que conta con mais de 25 anos de experiencia en espectáculos de títeres para público familiar. No seu percorrido profesional traballou con Babaluva, Fantoches Baj, Buratini, Cachirulo, Teatro do Liló, Os Quinquilláns.

A protagonista desta viaxe é Rosalía de Castro, que ven coa súa madriña Francisca, xuntas contarán pasaxes da vida da artista e algúns dos seus poemas, nun espectáculo destinado a escolares de educación primaria.

Utilízanse títeres de mesa, onde o traballo de manipulación se fai á vista, creando diálogo entre actriz – títere – público – actriz.

Sábado 25.

Desfile de comparsas do Entroido con 5.600 € destinados a premios.

Marzo 2023

Sábado 4. Sala de Exposicións ás 19.00 h.

TRECE LUCES NA NOSA COSTA coa colaboración de Ponteceso Cultura Permanente de Antonio Fernández.

Para Antonio Fernández mestre xubilado, a fotografía foi unha afección tardía que empezou a practicar para complementar o tempo desta nova etapa da súa vida.  Nesta exposición Antonio Fernández trata de contar a historia dos faros da Costa da Morte, a súa función durante o tempo, e que hoxe coas tecnoloxías avanzadas instaladas nos barcos deixan de ser, ao mellor, tan necesarios, «pero alcanzan outra dimensión non menos importante como é un legado patrimonial para todos nós», afirma. O fío condutor dos mesmos, ademais do enclave no que están situados, é que as fotografías están feitas cunha técnica especial que aporta ás imaxes outra dimensión creativa e asombrosa.

Sábado 4. Auditorio Baldomero Cores ás 20.00 h.

PATY LESTA & CRISTIAN LEGGIERO «CON NOMBRE DE MUJER»

Rede Cultural da Deputación. Entrada gratuita.

Neste concerto a dúo de piano e voz, preténdese ensalzar a figura da muller, empoderala e rendirlle unha homenaxe, empregando para elo un repertorio que está basado, como o nome do proxecto indica, en cancións en inglés e en español con nome de muller como Lucía ou Penélope de Joan Manuel Serrat, cancións que tratan sobre o maltrato como María se bebe las calles ou La puerta de Violeta e cancións escritas por mulleres como Negra Sombra, poema musicado de Rosalía de Castro.

No concerto, que forma parte da programación coa que o concello de Cee reivindica a efeméride do 8 de marzo, tamén soarán temas como Noelia, Chiquitita, Candle in de wind ou Delilah, entre outros, explicando tamén a historia que hai detrás de cada unha das cancións.

Domingo 5. Auditorio Baldomero Cores ás 19.00 h. 

(Público adulto a partir de 14 anos)

TALÍA TEATRO: «UNHA INIMIGA DO POBO»

Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

Entradas a 5 e 7 € na Biblioteca Municipal de forma anticipada, e na taquilla, o día da función.

Estrea conxunta co Teatro Rosalía de Castro de A Coruña!.

Elenco: Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Xurxo Barcala.

Dirección: Tito Asorey

Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable.
A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza que ve como se pon en risco a prosperidade para toda a comunidade.

Sábado 11. Auditorio Baldomero Cores ás 17.00 horas.

(Público familiar, a partir de 3 anos)

Entradas á venta en Woutick.es e na Biblioteca

 ONBEAT: “EL ORIGEN DEL HIELO. TRIBUTO A FROZEN

 Chega o tributo mais esperado da película musical mais importante dos últimos tempos… ¡Único en España!

O clima está afectando ó planeta e a consecuencia mais inmediata é a desaparición do xeo. Para tratar de resolver o problema, Blanca  decidiu investigar a Orixe do Xeo e buscar a alguén que teña o poder suficiente para crealo. Na súa procura descubre a un muñeco de neve que lle conta a historia,que hoxe é xa lenda, dunha princesa capaz de xerar a neve; pero será na viaxe cara as súas orixes onde poderá atopar as chaves do seu pasado; e sobre todo, as solucións para o futuro. Esa viaxe está chea de aventuras, perigos, historias de amor e sobre todo das cancións míticas que homenaxean a unha das películas de animación máis importantes de todos os tempos. A Compañía Onbeat ten xirado por case que a totalidade do territorio peninsular, ademáis de triunfar no Gran Vía de Madrid con outros espectáculos familiares. Poderemos escoitar con voz en directo cancións de Frozen, Frozen 2, El viaje de Olaf e, por primeira vez en España, temas do musical de Frozen en Broadway.

Domingo 19. Auditorio Baldomero Cores ás 19.00 horas.

(Público adulto, a partir de 14 anos)

Entradas á venta en Woutick.es e na Biblioteca

Cee Comedy: Primeiro Ciclo de Humor

JOSÉ CORBACHO: “ANTE TODO MUCHA CALMA”

E para iso veño!

Despois de tres anos monologueando por todo o país, é unha honra levantar o telón do Auditorio Baldomero Cores, para seguir ríndome de todo un pouco.

Para empezar de mín mesmo que é algo indispensable que me ensinaron desde que empecei nisto da farándula.

Pero tambén para rirme de todo o que me rodea. De todo. Da miña muller. Do meu fillo. De miña nai. De miña irmá Do meu cuñado. Da miña familia.
E tamén do meu barrio. Da miña cidade. Do meu país. De todos os meus países. Dos meus gobernantes. Dos meus reis e dos meus príncipes. E dos meus principios. Sobre todo, dos meus principios. Porque como decía o mestre, “se non che gustan, teño outros”.

Pero non se preocupen, que tamén voume rir de vostedes. Dos que veñan a verme ó teatro. E dos que non. Deses, aínda máis. ¿Por qué? Porque sí. Porque está o mundo cómo para deixar de rir. Aínda que sobre todo, o que quero é que vostedes poidan rir, e moito. Eso sí, un consello para todos os que veñades á Casa de Cultura de Cee:  “Ante todo mucha calma”.

Sábado 25. Auditorio Baldomero Cores ás 20.00 horas

Público adulto, a partir de 12 anos

MALASOMBRA TEATRO: “DE ALGO HAI QUE MORRER”

Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

Entradas a 3 e 5 euros á venta na Biblioteca Municipal, anticipada, e na taquilla, o día da función.

Elenco: Xoque Carbajal e Jouse García

Dirección:Marcos Orsi. Texto: José Prieto

O Concello de Cee celebra o Día Mundial do Teatro con esta conferencia fúnebre-cómico-teatral.

Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte.

Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal.

A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado?

A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais?

Os sinais. Chega a morte sen avisar ou hai pistas que a anuncian?

Maneiras de morrer. Morremos sempre de repente?

O suicidio creativo. Desfruta do teu derradeiro momento

O asasinato. Son os xenocidas heroes ecolóxicos incomprendidos?

A pena de morte. Análise das formas de execución e posibles melloras.

O enterro (ou como desfacerse do cadáver).

A vida despois da morte. O túnel, a luz e a axencia de colocación de defuntos.

O final. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?

Abril 2023.

Sábado 1. Sala de Exposicións da Casa de Cultura de Cee ás 12.00 h.

Inauguración da exposición do pintor asturiano Alberto Blanco.

Desde que en 1982 realizara a súa primera exposición, son máis de 20 as realizadas desde entón.  Superou xa as 6o0 obras realizadas nun estilo propio onde destaca o seu naturalismo realista. Alberto Blanco é ademáis o artista elexido para a realización co cadro conmemorativo que se está a facer con motivo da coroación da Virxe da Xunqueira.

Sábado 1. Auditorio Baldomero Cores ás 18.00 h.

Público familiar, a partir de 6 anos.

MAGIA EN LA MANGA: “A IGUALDADE NON TEN TRUCO”

Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

Entradas a 3 e 5 euros á venta na Biblioteca Municipal, anticipada, e na taquilla, o día da función.

Por que hai mais magos que magas? É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas. A igualdade non ten truco é unha charla espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual.

Martes 4 e mércores 5. Praza 8 de marzo de 16.30 h. a 20.00 h.

DIVERCEE

Ven a xogar e bailar nestes días de vacacións. Música, inchables, palomitas, algodón de azúcar e moitas sorpresas para os máis pequenos da casa.

Sábado 8. Auditorio Baldomero Cores ás 17.30 h. e 18.30 horas.

Público familiar, de 6 meses ata 3 anos

CARAMUXO TEATRO: “REDONDO”

Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

Entradas a 3 e 5 euros á venta na Biblioteca Municipal, anticipada, e na taquilla, o día da función.

Elenco:  Juan Rodríguez

Dirección: Laura Sarasola

Espectáculo mellor valorado polo público na programación Vigo Cultura 2018. Formou parte dos espectáculos seleccionados para Galicia Escena PRO. Compañía seleccionada en FETEN 2018. Redondo é un espectáculo que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura, atopará unha asombrosa esfera que esconde historias sorprendentes. Unha proposta visual case sen palabras para desfrutar en familia.

Sábado 15. Casa da Cultura de Cee (Todo o día)

II Xornadas formativa sobre a inclusión socioeducativa e o trastorno do espectro autista.

Actividade aberta a todos os públicos, na que se abordarán os recursos para a inclusión socioeducativa das persoas con TEA.

A finalidade desta xornada é a de promover a sensiblización e formación dos traballadores das institución culturais e educativas para que poidan facilitar a inclusión das persoas con TEA nas bibliotecas, nos museos, nos centros educativos, nas universidades, etc.

Domingo 16. Auditorio Baldomero Cores ás 20.00 h.

Público adulto, a partir de 14 anos

Entradas á venta en Woutick.es e na Biblioteca

Cee Comedy: Primeiro Ciclo de Humor

BEATRIZ RICO: “ANTES MUERTA QUE CONVICTA”

Despois do éxito de Mejor Viuda Que Mal Casada, a función leva un ritmo trepidante de gags, reflexións absurdas e situacións disparatadas que provocan o momento perfecto para desmenuzar con humor a vida en parella e as súas complicacións. Ademáis, o espectáculo conta coa colaboración do cómico Salomón (Paramount Comedy, Corta el Cable Rojo…), e da actriz e directoraPepa Rus (Aída, Gym Tony, Lifting, Microteatro…).

Neste monólogo, Carolina cumple traballos sociais limpiando teatros tras pasar varios meses no cárcere. O que sigue dentro é o seu home don Mauricio, un empresario de altos vóos que parece ter caído en desgraza desde o seu polémico e breve matrimonio. Por casualidades da vida, ambos encontraranse no cárcere e cando ela queda en libertade, plantearase entrar nun concurso da tele. Máis motivada cá nunca preséntase ó casting…

Sábado 22. Auditorio Baldomero Cores ás 20.00 horas

Público adulto, a partir de 12 anos

Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

Entradas a 3 e 5 euros á venta na Biblioteca Municipal, anticipada, e na taquilla, o día da función

EMPATÍA TEATRO: “ESAS COUSAS MARABILLOSAS”

Elenco: Elisardo de la Cruz

Dirección: Avelino González

“Esas cousas marabillosas” esgotou as entradas durante tres anos consecutivos no Festival de Edimburgo e logo foi representado en Londres, Nova York, Bruxelas, San Xoán de Porto Rico, Maryland, Oregon, Canadá, … Máis de 25.000 espectadores viron xa esta peza en España esgotando entradas tamén en Madrid e Barcelona.

Esta peza do galardoado dramaturgo e director Duncan MacMillan, converteuse nun fenómeno teatral a nivel mundial e a HBO fixo un documental sobre ela.

“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cun papeliño na man.

Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando… mamá está no hospital: «Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”.

Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir. Deixa a lista na almofada de mamá co título “Todas esas cousas marabillosas”… Mamá leuna, sábese porque corrixiu a ortografía.

Con moitos personaxes e moitas situacións, que se desenvolven coa axuda e a complicidade necesarias do público, constrúese esta peza tenra e emocionante sobre a depresión e ata onde chegamos pola xente a que amamos. É unha peza tenra, emocionante e divertida. É unha comedia sobre a depresión e o suicidio. É unha obra que pode cambiarche a vida… e para ben.

Con ela, o Concello de Cee trata de visibilizar unha realidade social que nos atinxe a todos, e pode ser unha útil ferramenta de concienciación social, tendo en conta que en Cee contamos cunha Unidade de Saúde Mental, un dispositivo residencial, un centro de rehabilitación e unha vivenda tutelada para as persoas que vén a súa saúde mental afectada.

Sábado 29. Auditorio Baldomero Cores ás 18.00 horas

Público familiar, a partir de 4 anos

PEDRAS DE CARTÓN: “QUIXOTE”

Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

Entradas a 3 e 5 euros á venta na Biblioteca Municipal, anticipada, e na taquilla, o día da función

Elenco: Juan Rodríguez e Pablo Sánchez

O Concello de Cee conmemora o Dia Internacional do Libro con “Quixote», un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que Don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

O segundo espectáculo de Pedras de cartón traballa, desta volta, cunha estética achegada ás películas de pallasos de Fellini.

Dirixido por Laura Sarasola, conta coa banda sonora orixinal de Davide González e un coidado vestiario realizado por Diego Valeiras.

Premio barroco infantil no XLIV Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.

Dous nomeamentos aos premios María Casares 2022 (mellor espectáculo infantil e mellor vestiario).

Maio 2023

Sábado 6. Sala de Exposicións da Casa de Cultura de Cee ás 20.00 horas.

Inauguración da Exposición GAIVOTAS NA TERRA de Rebeca Ayala.

 Rebeca Ayala está a realizar actualmente un Máster de Fotografía e Postproducción en Madrid.

“Gaivotas na terra” é unha serie fotográfica que forma parte dun dos proxectos finais deste Máster. Nela, expóñense nove fotografías a modo de historia que narra desde a inconsciencia ata o desastre que produce o plástico que acaba nos mares.

Así, esta serie é un grito de auxilio frente a un problema que non remata e que acaba perxudicando irreparablemente ó ecosistema marino.

As fotografías poden dividirse en actos: Inconsciencia, Indiferencia, Agobio e Inerte. Cada acto pertence a unha etapa nesta historia, que estaría acompañada cun un texto explicativo sobre os residuos no mar e sobre cada etapa.

Domingo 7. Auditorio Baldomero Cores ás 20.00 horas.

Público adulto, a partir de 12 anos

Entradas á venta en Woutick.es e na Biblioteca

Cee Comedy: Primeiro Ciclo de Humor

XAVIER DELTELL: “DANDO LA NOTA”

Xavier Deltell leva Dando a nota en todas as súas tronchantes intervencións, a máis recente como cociñeiro desastre en Masterchef Celebrity. De feito, é éste o título do seu show de humor. O actor é coñecido polas súas intervencións en Crónicas marcianas onde foi o entrevistador de rúa mítico; Mira quien baila, onde creou coreografías que  aínda se bailan a día de hoxe nas discos ou Me resbala, onde os seus berros de terror nalgunha proba seguen lembrándonos o gracioso que é, son algunhas das aparicións máis míticas deste xenio da risa. Ademais, interpretou papeis como o avogado torpe en La que se avecina,  en televisión, xunto co mordomo desastre en Lol con Santiago Segura. Neste remozado monólogo-show interactivo musical, Deltell faranos rir, cantar, bailar e sobre todo esquecer os problemas mentres o vemos unha vez máis Dando la nota.

Deja un comentario

TurismoCee