Plan de Hostalaría Segura
Segundo a orde publicada polo DOG (https://cutt.ly/ClR2NvQ) os establecementos que retomen a súa actividade deben colocar nun lugar visible carteis coa capacidade dentro e fóra e, no seu caso, a trazabilidade cun sistema de códigos. Os titulares dos establecementos de hostalaría e restauración deberán obter un código QR.