A Concha

O seu nome provén da súa forma, é unha praia urbana situada no núcleo urbán da Vila de Cee. Ten unha lonxitude de uns 185 metros e unha anchura de 35 metros, está rodeada de zonas axardinadas. Conta tamén con un fantástico paseo marítimo ideal para camiñar ou para ir en bicicleta xa que conta con carril-bici. A un paso desta praia o visitante ten a súa disposición os numerosos servizos que a Vila de Cee ofrece.