1ª XORNADA LIGA FITE GALICIA DE TAEKWON-DO ITF

Facebooktwittermail

 

 

O Club Cee Deportes de Contacto ven de presentar o cartel da 1ª xornada da LIGA FITE GALICIA de Taekwon-Do ITF que terá no Pavillón Municipal de Cee o vindeiro 15 de febreiro.

Esta liga FITE GALICIA 2020 celebrarase en 3 sedes nas seguintes datas: 15/02/2020 CEE , 14/03/2020 OROSO e 18/04/2020 COIRÓS.

Uns 300 deportistas de 12 clubs galegos, participarán nesta xornada de Cee en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 horas.

 

 

 

Clubs participantes:

  •  ITF Noia.
  •  Liceo de Noia.
  •  ITF Coirós.
  •  Panteras Celtas Betanzos.
  •  ITF Oroso.
  •  Cam Tae Box Cerceda.
  •  ITF Carballo.
  •  ITF Baio.
  •  Club Cee Deportes de Contacto.
  •  Cam Santiago.
  •  Opc Fitness Ordes.
  •  Máster Gim

O club local que xa ten experiencia na organización deste tipo de xornadas, e que conta coa colaboración do Concello de Cee a través do servizo de deportes, nesta ocasión porá en competición a uns 40 deportistas.

O Club Cee Deportes de Contacto fundado no 2009, ven desenvolvendo nos últimos anos as súas escolas deportivas de taekwon- do ITF e de kick boxing durante todo o curso, os luns e mércores no Pavillón Municipal de Brens (dirixidas a cativos e adultos).

Deixa un comentario