ACTUALIZADO 23/09/2022: BOLSAS PARA GASTOS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO DE CEE. CURSO 2022-2023

O concello de Cee ven de convocar a través do BOP, a convocatoria de bolsas de comedor escolar para o presente curso 2022/2023

EXTRACTO DA CONVOCATORIA DO PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS PARA GASTOS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLLO DE CEE CURSO 2022-2023

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/631858)

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8 da Lei 38/2003, del 17 denovembro, Xeral de Subvencións, publicase o extracto da convocatoria.

O texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións.

1º Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarios desta convocatoria o alumnado dos centros nos que se realice o segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria, escolarizados en centros educativos do termo municipal de Cee, sostidos con fondos públicos que dispoñan de servizo de comedor e que cumpran os requisitos desta convocatoria.

2º Finalidade:

Contribuir a paliar os gastos que xenera o pagamento dos gastos de comedor escolar dos cursos de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e ESO, mediante o abono de todo ou parte dos gastos de comedor escolar a unidades familiares en situación de vulnerabilidade.

3º Bases reguladoras:

As aprobadas por resolución da Alcaldesa, poden consultarse na páxina web do Concello e na Base Nacional de Subvencións.

4º Importe:

A contía da bolsa será o importe total dos gastos de comedor escolar. O inicio do pagamento estará supeditado á data da resolución da concesión das bolsas.

A partida orzamentaria á que se imputarán os gastos é a 231/481.00.

5º. Procedemento de solicitudes.

As solicitudes formalizaranse por escrito en modelo normalizado achegando a documentación sinalada nas bases.

6º. Prazo de solicitudes.

O prazo de solicitudes será de 20 días hábiles dende o día seguinte á publicación das bases da convocatoria no BOP.

Firmado dixitalmente ó margen.

Sra alcaldesa.

Margarita Lamela Louzán

 

Prazo de Solicitude: 20 días hábiles. (Ata o  12 de xullo)

Podes consultar aquí as bases da convocatoria, onde encontrarás os requisitos esixidos, documentación necesaria para a presentación da solicitude, etc

BASES DA CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR 2022/2023

ANEXO BASES BOLSAS DE COMEDOR 2022/2023

ACTUALIZADO 21/07/2022

Acta Comisión Baremación Becas de Comedor 2022/2023

Acta Comisión Baremación Bolsa de Comedor 2022/2023
Prazo de alegacións: 10 días hábiles. (Ata o 5 de agosto)

ACTUALIZADO 20/09/2022

Acta II Comisión Baremación Becas de Comedor 2022/2023

Acta II Comisión Baremación Bolsa de Comedor 2022/2023
Prazo de alegacións: 10 días hábiles. (Ata o 4 de outubro)

ACTUALIZADO 23/09/2022

Acta III Comisión Baremación Becas de Comedor 2022/2023

Acta III Comisión Baremación Bolsa de Comedor 2022/2023
Prazo de alegacións: 10 días hábiles. (Ata o 7 de outubro)

Deixa un comentario

TurismoCee