Ampliación do horario con motivo das Festas do Corpus de Brens
O Concello de Cee autorizou a ampliación do horario de finalización da verbena popular das Festas do Corpus de Brens, organizadas pola Asociación Cultural e Deportiva Novas Xuventudes.
A ampliación permitirá prolongar en dúas horas o horario xeral establecido, de xeito que a verbena que se celebrará na noite do sábado 30 ao domingo 31 de maio de 2026 no lugar da Grixa, parroquia de Brens, poderá rematar ás 06:30 horas.
Así mesmo, autorízase tamén a ampliación do horario de peche dos establecementos de restauración da parroquia de Brens durante esa mesma noite.
Esta medida adóptase ao abeiro da normativa autonómica vixente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, co obxectivo de apoiar as celebracións tradicionais e a actividade social e económica do municipio, garantindo en todo caso o cumprimento da normativa sobre contaminación acústica e demais disposicións legais.
Consulta íntegra da resolución