Ampliación do horario de finalización da verbena popular Festa de San Antonio de Xallas

Ampliación do horario con motivo das Festas de San Antonio de Xallas

O Concello de Cee autorizou a ampliación do horario de finalización da verbena popular das Festas de San Antonio de Xallas, organizadas pola Asociación Cultural-Deportiva San Antonio de Xallas.

A ampliación permitirá prolongar en dúas horas o horario xeral establecido, de xeito que a verbena que se celebrará na noite do sábado 13 ao domingo 14 de xuño de 2026 no lugar de Xallas, parroquia de Cee, poderá rematar ás 06:30 horas.

Esta medida adóptase ao abeiro da normativa autonómica vixente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, co obxectivo de apoiar as celebracións tradicionais e a actividade social e económica do municipio, garantindo en todo caso o cumprimento da normativa sobre contaminación acústica e demais disposicións legais.

Consulta íntegra da resolución 

Consulta íntegra da resolución

Deixa un comentario