Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da FESTA DE SAN CRISTOBAL
- Autorizar a ampliación sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa/verbena popular denominada Festa de San Cristóbal, que se vai celebrar no Lg. Codesos, da parroquia da Pereiriña, deste termo municipal, os días 10 e 11 de xullo de 2025, na noite do xoves, 10 de xullo, ao venres, 11 de xullo de 2025, e na noite do venres, 11 de xullo de 2025, ao sábado, 12 de xullo de 2025, co cal, o horario máximo de finalización da festa popular os días sinalados será ás 06.00 horas.
