Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da Festa de Santa Baia de Brens
1º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa/verbena popular denominada Festa de Santa Baia de Brens, que se vai celebrar no Lg. A Grixa, da parroquia de Brens, deste termo municipal, na noite do sábado, 7 de decembro ao domingo, 8 de decembro de 2024, co cal, o horario máximo de finalización da verbena o día 8 de decembro será ás 06.30 horas.
2º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, do peche dos establecementos de restauración (epígrafe III.2.5, Orde do 23 de outubro de 2020) da parroquia de Brens na noite do sábado, 7 de decembro ao domingo, 8 de decembro de 2024.
3º. Os devanditos establecementos deberán contar co título habilitante correspondente (licenza ou comunicación previa) para o exercicio da actividade.
4º. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial da Provincia.