ANUNCIO
O Pleno do Concello de Cee, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril de 2021, acordou o seguinte acordo
interpretativo:
PRIMEIRO.–Dado que a Ordenanza n.º 2 do PXS regula como usos característicos os de industria, almacén e talleres; así como admite unha serie de usos compatíbeis, entre os que se inclúe o de servizos públicos, e ao non existir unha maior concreción deste uso no planeamento municipal, consonte o disposto pola LSG/2016 e o RSG/2016, cómpre acudirmos de forma complementaria a regulación estabelecida no PBA/2018, deste xeito aplicando de forma complementaria ao planeamento municipal o disposto polo Plan básico autonómico sobre o uso funerario de servizos públicos, as actividades de tanatorio e crematorio solicitadas son compatíbeis co uso industrial que resulta característico do parque empresarial onde se pretenden instalar.
SEGUNDO.–Para suplir as posibles indeterminacións e lagoas do planeamento municipal vixente, en virtude dos artigos 49 da LSG e 8 do PBA, en materia de usos e con carácter xeral, será de aplicación o disposto na normativa do PBA (Decreto 83/2018, do 28 de xullo, polo que se aproba o Plan Básico autonómico de Galicia). En ningún caso, o PBA poderá modificar a clasificación do solo nin alterar as determinacións do planeamento que complementa.
TERCEIRO.–Proceder á publicación oficial do presente acordo interpretativo e traslado á Consellería competente na materia urbanística para o seu coñecemento e efectos oportunos.
En Cee, o 3 de maio de 2021.
Alcaldesa do Concello de Cee
Asdo.: Margarita Lamela Louzán
Máis información: