ANUNCIO. Aprobación definitiva de padróns fiscais de taxas municipais.

ANUNCIO. 

Téndose aprobado provisionalmente, mediente resolución da Alcaldía, os padróns fiscais da taxa pola prestación de servicio de recollida do Lixo, Mantemento do Cemiterio Municipal e vados, correspondentes ao exercicio 2021, sométense a exposición pública os padróns fiscais referidos polo prazo dun mes, para os efectos da súa consulta e presentación de reclamacións polas persoas interesadas.

Rematado o periodo de exposición pública e ao non presentarse alegación algunha durante o prazo regulamentario por esta alcaldía ditouse, con data 1 de xuño de 2021, resolución de aprobación definitiva dos padróns fiscais da taxa de: Recollida do Lixo, Mantemento do Cemiterio Municipal e Vados, correspondentes ao exercicio do 2021, polos importes de 254.469,61 €, 9.240,00 € e 12.049,59 € respectivamente.

Cee, 1 de xuño de 2021

A Alcaldesa

Margarita Lamela Louzán

Más información:

Aprobación Definitiva de Padróns Fiscais de Taxas Municipais

Deixa un comentario

TurismoCee