ANUNCIO.Aprobación definitiva do Expediente de Suplemento de Crédito nº. 2/2021

ANUNCIO

O Pleno do Concello de Cee, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril de 2021, acordou aprobar inicialmente o
suplemento de crédito n.º 2/2021 e, en consecuencia, destinar 144.856,60 € do remanente para gastos xerais a incrementar as seguintes aplicacións orzamentarias:

APLICACIÓN ORZAMENTARIA IMPORTE CONCEPTO
153.2/619.00 89.447,30 € Vías públicas. Inversión
920/227.06 25.000 € Traballos técnicos
165/619.00 30.409,30 € Alumeado xeral. Inversión
TOTAL 144.856,60 €

O expediente someteuse ao trámite de información pública polo prazo de quince días, a contar desde o día seguinte da inserción do anuncio da aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia (BOP n.º 84, do 6 de maio de 2021), para que os interesados puidesen examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimasen oportunas.
Debido a que durante o prazo de información pública non se presentaron alegacións nin reclamacións, considérase
aprobado definitivamente o expediente de suplemento de crédito n.º 2/2021.
Contra a aprobación definitiva da modificación orzamentaria, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso na forma e prazos establecidos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

En Cee, o 31 de maio de 2021.
Alcaldesa do Concello de Cee
Margarita Lamela Louzán

Máis información:

Aprobación definitiva do Suplemento de Crédito 2/2021

Deixa un comentario

TurismoCee