ANUNCIO. Aprobación Definitiva do Suplemento de Crédito nº. 3/2022

ANUNCIO

O Pleno do Concello de Cee, na sesión ordinaria realizada o día 29 de abril de 2022, acordou a aprobación inicial do suplemento de crédito n.º 3/2022. Expediente n.º 2022/T002/000014.

O expediente someteuse ao trámite de información pública polo prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da inserción do anuncio da aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia, para que as persoas interesadas puidesen examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimasen oportunas.

Durante o devandito prazo de información pública non se presentaron alegacions ou suxestións polo que se considera aprobado definitivamente o devandito acordo plenario e o expediente de suplemento de crédito n.º 3/2022 e, en consecuencia, destinar 117.000 € do remanente para gastos xerais a incrementar as seguintes aplicacións orzamentarias:

APLICACIÓN ORZAMENTARIA

IMPORTE

CONCEPTO

231/227.06

52.000

Traballos realizados por outras empresas ( SAF)

162.1/227.00

65.000

Recollida selectiva de residuos

TOTAL

117.000 €

Cee, 31 de maio de 2022.

Alcaldesa do Concello de Cee

Margarita Lamela Louzán

Mais información:

Aprobación definitiva do Suplemento de Crédito 3/2022

Deixa un comentario

TurismoCee