ANUNCIO. Aprobación Definitiva do Suplemento de Crédito nº.4/2022

ANUNCIO

O Pleno do Concello de Cee na sesión ordinaria realizada o día 29 de abril de 2022, acordou a aprobación inicial do Suplemento de Crédito N.º 4/2022. Expediente N.º: 2022/T002/000015.

O expediente someteuse ao trámite de información pública polo prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da inserción do anuncio da aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia, para que as persoas interesadas puidesen examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimasen oportunas.

Durante o devandito prazo de información pública non se presentaron alegacions ou suxestións polo que se considera aprobado definitivamente o devandito acordo plenario e o expediente de suplemento de crédito nº 4/2022 e, en consecuencia, destinar 45.885,53 € do remanente para gastos xerais a incrementar as seguintes aplicacións orzamentarias:

APLICACIÓN ORZAMENTARIA

IMPORTE

CONCEPTO

153.2/619.00

35.462,83

Vías públicas, inversión.

161/619.00

10.422,70

Abastecemento, inversión.

TOTAL

45.885,53€

Mais información:

Aprobación definitiva do Suplemento de Crédito 4/2022

Deixa un comentario

TurismoCee