ANUNCIO
O Pleno do Concello de Cee en sesión ordinaria celebrada o día 26 de febreiro de 2021, acordou aprobar inicialmente:
PRIMEIRO. Aprobar inicialmente a atribución do nome de Dª Mª CONCEPCIÓN BLANCO BLANCO, escritora, á zona axardinada situada detrás do Mercado de Abastos da Vila de Cee.
SEGUNDO. Notificar a proposta de denominación aos interesados para que no prazo de dez días, presenten as alegacións e suxestións que consideren necesarias.
TERCEIRO. Abrir un período de información pública por prazo de vinte días, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia, na sede electrónica deste Concello [dirección https://www.cee.gal] e no Taboleiro de anuncios.
CUARTO. Elevar este Acordo a definitivo se non se presentan alegacións no trámite de audiencia e información públicas, e en tal caso, notificar ás Administracións Públicas interesadas e ás Entidades, empresas e Organismos que presten no Municipio servizos destinados á colectividade [INE, servizo postal, etc.].
En Cee, o 1 de marzo de 2021
Alcaldesa do Concello de Cee.
Margarita Lamela Louzán.
Documentos
Prazo de alegacións
Do 06/03/2021 ata o 07/04/2021 (ambos inclusive)