O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o 26.06.2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.- Ceder gratuitamente á Xunta de Galicia, por un prazo de 50 anos, con destino a nova oficina de emprego da área funcional de Cee, a antiga Casa Consistorial de Cee (ou antiga casa da música, RC 759903MH8545N0001RJ) de propiedade municipal, cualificada como ben patrimonial, libre de cargas e gravames, Finca rexistral 6.101, Folio 247, Tomo 365, Libro 55.
Segundo.- Condicionar a cesión do inmoble ao destino descrito, sendo a conta da Xunta de Galicia todos os gastos
que se deriven, debendo manterse o destino, polo que en caso de incumprimento bastará acta notarial de constancia de feitos acreditándoo, acompañada do acordo de cesión para volver inscribir no Rexistro da propiedade os terreos a favor do Concello, coas súas pertenzas e accesorios, por dereito de reversión.
Terceiro.- Publicar o acordo no Boletín Oficial da Coruña por prazo de 20 días, para efectos de reclamacións e alegacións. De non producirse estas, o acordo considerarase definitivamente aprobado.
Cuarto.- Remitir a documentación necesaria ao Rexistro da Propiedade correspondente para que efectúe os oportunos asentos rexistrais, así como ao órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia, Xunta de Galicia, Consellería de Eonomía, Emprego e Industria, para o seu coñecemento e efectos oportunos, como dispón o artigo 109.2 do Regulamento de Bens das Entidades Locais.
Quinto.- Facultar a Sra. Alcaldesa Presidenta para que, en nome e representación do Concello de Cee, realice os actos necesarios para a formalización dos anteriores acordos, así como para a adopción de rectificacións do presente.
Cee, 29 de xuño de 2020
Alcaldesa
Margarita Lamela Louzán.
Aprobación inicial da cesión gratuita á Xunta de Galicia da antiga Casa Consistorial de Cee
Aprobación inicial da cesión gratuita á Xunta de Galicia da antiga Casa Consistorial de Cee