ANUNCIO
O Pleno do Concello de Cee en sesión ordinaria celebrada o día 26 de febreiro de 2021, acordou aprobar inicialmente:
PRIMEIRO.- Aprobación inicial do Plan Estratéxico de Subvencións 2021.
SEGUNDO.- Proceder á publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello, por un prazo de trinta días hábiles, durante os cales os interesados poden presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas.
Publicar así mesmo, na sede electrónica deste Concello https://www.cee.gal.
TERCEIRO.- Concluído o período de información pública, se se presentaron reclamacións e/ou suxestións, deberán resolverse estas, incorporándose ao texto as modificacións derivadas da resolución das alegacións, no caso de que non se presenten reclamacións en relación coa aprobación inicial do Plan no prazo de información pública, entenderase definitivamente adoptado o Acordo ata entón provisional.
CUARTO.- O Acordo de aprobación definitiva [expresa ou tácita] deste Plan, co texto íntegro da mesmo, debe publicarse para o seu xeral coñecemento no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia, tal e como dispón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello.
En Cee, o 1 de marzo de 2021
Alcaldesa do Concello de Cee.
Margarita Lamela Louzán.
Documentos
Prazo de alegacións
Do 06/03/2021 ata o 21/04/2021 (ambos inclusive)