ANUNCIO. Aprobación Inicial do Suplemento de crédito 1/2021

ANUNCIO

O Pleno do Concello de Cee en sesión extraordinaria celebrada o día 16 de marzo de 2021, acordou a aprobación inicial do Suplemento de Crédito Nº 1/2021, e en consecuencia, destinar 175.984,88 € do remanente para gastos xerais a incrementar as seguintes aplicacións orzamentarias:

APLICACIÓN ORZAMENTARIA

IMPORTE

CONCEPTO

151/624

73.000€

Elementos de transporte

920/227.06

50.000

Traballos técnicos.

151/619.21

52.984,88

Plan de Actuación Municipal.

TOTAL

175.984,88€

Sométese o expediente a información pública polo prazo de quince días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [dirección https://www.cee.gal].

Entenderase definitivamente aprobado polo Pleno do Concello, de non existir reclamacións no prazo outorgado, logo da súa publicación definitiva. En caso de existir reclamacións, o Pleno disporá dun prazo dun mes para resolvelas.

En Cee, o 17 de marzo de 2021

Alcaldesa do Concello de Cee.

Margarita Lamela Louzán.

Prazo de presentación de alegacións: 

Dende o 24/03/2021 ata o 15/04/2021

Máis información:

Aprobación inicial do Suplemento de Crédito 1/2021

Deixa un comentario

TurismoCee