ANUNCIO
O Pleno do Concello de Cee en sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril de 2021, acordou aprobar inicialmente:
PRIMEIRO.- Aprobación inicial do Suplemento de Crédito Nº 2/2021, e en consecuencia, destinar 144.856,60 € do
remanente para gastos xerais a incrementar as seguintes aplicacións orzamentarias:
APLICACIÓN ORZAMENTARIA | IMPORTE | CONCEPTO |
153.2/619.00 | 89.447,30 € | Vías públicas. Inversión. |
920/227.06 | 25.000 € | Traballos técnicos |
165/619.00 | 30.409,30 | Alumeado Xeral. Inversión |
TOTAL | 144.856,60 € |
SEGUNDO.- Aprobado inicialmente o expediente polo Pleno da Corporación, exporase ao público, previo anuncio no
Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, por quince días, durante os que os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.
TERCEIRO.- Entenderase definitivamente aprobado polo Pleno do Concello, de non existir reclamacións no prazo outorgado, logo da súa publicación definitiva. En caso de existir reclamacións, o Pleno disporá dun prazo dun mes para resolvelas.
En Cee, o 3 de maio de 2021
Alcaldesa do Concello de Cee.
Asdo. Margarita Lamela Louzán
Prazo de presentación de alegacións:
Dende o 07/05/2021 ata o 28/05/2021