ANUNCIO
O Pleno do Concello de Cee, na sesión ordinaria realizada o día 29 de xaneiro de 2021, acordou a aprobación inicial da modificación da relación de postos de traballo, creando os seguintes postos de traballo:
a) Dirección do CIM – Psicólogo/a do CIM, co código 05.03.01, e a natureza, categoría, funcións, retribucións e forma de provisión que se indican na ficha anexa.
b) Responsábel da Casa da Cultura de Ameixenda, co código 06.01.02, e a natureza, categoría, funcións, retribucións e forma de provisión que se indican na ficha anexa.
O expediente someteuse ao trámite de información pública polo prazo de 20 días, a contar desde o día seguinte ao da publicación da aprobación inicial no BOP, para que os interesados puidesen examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimasen oportunas, conforme establece o artigo 202 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.
Durante o prazo de información pública non se presentaron alegacións nin reclamacións contra o acordo de aprobación inicial, polo que se considera aprobado definitivamente o acordo referido.