Aprobado inicialmente en sesión extraordinaria do Pleno deste Concello, con data do 17.12.2025, o Orzamento Xeral, Bases de Execución, e Anexo de persoal para o exercicio económico 2026, conforme ao previsto no artigo 169 do R.D.L 2/2004, do 5 de marzo, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de quince días desde a publicación deste anuncio no BOP, para os efectos de reclamacións e alegacións.
De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentan alegacións e reclamacións.
Aprobación inicial do Orzamento Municipal para o ano 2026 do Concello de Cee.
