APROL RURAL 2022
Recibida resolución de concesión da Consellería de Emprego e Igualdade en relación ao expediente TR351G 2022/000016-1 pola que se concede unha subvención para a contratación dun traballador o abeiro da Orde do 7 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (APROL Rural) e se procede a súa convocatoria para o exercicio do ano 2022 (DOG núm. 21, do 1 de febreiro).
Visto que a orde de convocatoria establece “As entidades beneficiarias da subvención solicitarán as persoas traballadoras que necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación, que deberá responder á codificación prevista no Catálogo nacional de ocupacións (CNO)…”
Este Concello procederá a contratación dentro do programa APROL RURAL 2022, unha vez publicadas as bases do proceso selectivo na SEDE, dun traballador para o desenvolvemento do servizo “Brigada de obras e servizos de mantemento e conservación” a través de oferta de emprego ante o SEPE de Cee,
- Contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.
- Duración: Nove (9) meses
- Nº de traballadores: 1.
- Selección de candidatos: Oferta de emprego no Servizo Público de Emprego.
- Requisitos específicos: Orde do 7 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (APROL Rural) e se procede a súa convocatoria para o exercicio do ano 2022 (DOG núm. 21, do 1 de febreiro).
Colectivos prioritarios.
“5. Terán preferencia, en todo caso, os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, se é o caso, aqueles que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, tales como:
- a) Mulleres, en especial aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero.
- b) Menores de 30 anos, en especial as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquelas sen cualificación profesional.
- c) Persoas paradas de longa duración.
- d) Persoas con discapacidade.
- e) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito.
- f) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
- g) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.
Así mesmo, terase en conta o menor nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como a existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate o/a cónxuxe, parella de feito, fillos e fillas menores de vinte e seis anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas ou menores en acollemento”.
Más información: Técnico local de emprego.
ACTUALIZADO 25/05/2022
Bases proceso selectivo de contratación APROL RURAL 2022
EXP: 2022/E001/000007
Bases que rigen la convocatoria y el proceso de selección en régimen laboral temporal de un trabajador para l prestación del servicio “Brigada de obras y servicios de mantenimiento y conservación APROL 2022
ACTUALIZADO 27/05/2022
Anuncio candidatos remitidos oferta de emprego APROL RURAL 2022 e apertura prazo inscrición
Anuncio candidatos remitidos oferta de emprego APROL RURAL 2022 e apertura prazo inscrición
Prazo de inscrición 3 días hábiles (Do 28/05/2022 ata o 01/06/2022 ambos inclusive)
ACTUALIZADO 03/06/2022
Listas de admitidos e excluidos APROL RURAL 2022 e convocatoria probas.
Listas de admitidos e excluidos APROL RURAL 2022 e convocatoria probas.
Convocar ós candidatos admitidos o mércores, 08/06/2022 ás 09:30 horas no Antigo Instituto Raíces (Rúa Buenaventura Castro Rial, s/n 15270 Cee A Coruña), para a realización da proba práctica establecida na fase de oposición.
Convocar ós candidatos admitidos o mércores, 08/06/2022 ás 11:00 horas no Antigo Instituto Raíces (Rúa Buenaventura Castro Rial, s/n 15270 Cee A Coruña), para a realización da proba de galego establecida na fase de oposición
Por favor avíseme en el momento de las pruebas de socorristas.
Soy TES, Curso de Incendios Urbanos y Forestales, Vigilante de Seguridad, Vigilante de Explosivos, Escolta Privado y un largo etc.
Eso sí, nado como un pato.
Pero entiendo, no tiene importancia dado que el aprobado para la BRIGADA DE OBRAS Y MANTENIMIENTO APROL2022, tampoco tiene ninguna experiencia y ha sacado la máxima puntuación; por encima de otros candidatos con experiencia demostrable.
Cuando quieran les paso la talla del uniforme y el número de cuenta.