ACTUALIZADO 24/05/2024: APROL RURAL 2024

Recibida resolución de concesión da Consellería de Emprego e Igualdade en relación ao expediente TR351G 2024/000005-1 pola que se concede unha subvención para a contratación dun traballador o abeiro da Orde do 26 de decembro de 2023 establece as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) e procede a convocalas para o exercicio do ano 2024 (DOG núm. 17, do 24
de xaneiro de 2024).

Visto que a orde de convocatoria establece 

“As entidades beneficiarias da subvención solicitarán as persoas traballadoras que necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas traballadoras que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados; deberá presentarse unha por
cada categoría profesional dentro de cada ocupación, que deberá responder á codificación prevista no Catálogo nacional de ocupacións (CNO)…”

Este Concello procederá a contratación dentro do programa APROL RURAL 2024, unha vez publicadas as bases do proceso selectivo na SEDE, dun traballador para o desenvolvemento do servizo “Brigada de obras e servizos de mantemento e conservación” a través de oferta de emprego ante o SEPE de Cee,

  • Contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.
  • Duración: Nove (9) meses
  • Nº de traballadores: 1.
  • Selección de candidatos: Oferta de emprego no Servizo Público de Emprego.
  • Requisitos específicos: Orde do 26 de decembro de 2023 establece as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (APROL RURAL)  e procede convocalas para o exercicio do ano 2024 (DOG num. 17, do 24 de xaneiro de 2024)

Nos próximos días o Concello de Cee procederá a presentar no SEPE oferta para a contratación dun traballador o abeiro da convocatoria APROL 2024 (Peón forestal, nove meses, xornada completa)

ACTUALIZADO 15/05/2024

Proceso selectivo contratación TR351G – Subvención para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) 2024. 1 traballador

Publicación lista candidatos remitidos SEPE. Oferta APROL RURAL 2024

ACTUALIZADO 24/05/2024

APROL 2024. Lista de admitidos proceso selectivo e convocatoria proba práctica.

Proceso selectivo contratación TR351G – Subvención para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) 2024. 1 traballador

Convócase aos candidatos admitidos no proceso selectivo ás 10.00 h. do 28 de maio no antigo IES Raíces de Cee para a realización da proba práctica.

 

 

 

Deixa un comentario

TurismoCee