AVISO. FOGOS DE ARTIFICIO E OUTROS ARTEFACTOS PIROTÉCNICOS
É preciso recordar o establecido en na Lei 3/2007, do 9 de abril, no relativo a xestión das autorizacións de uso de foguetes e outros artefactos pirotécnicos:
– Obrigatoriedade de solicitar autorización previa no concello para desenvolver este tipo de actividades. – Entender por revogadas as autorizacións concedidas en caso de que o IRDI indique índice extremo para a data da actividade. |
A lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece no seu artigo 37 punto 1:
-
En todos os terreos forestais e zonas de influencia forestal, durante a época de perigo alto, os artefactos que leven aparellado o uso do lume, así como a utilización de fogos de artificio, o lanzamento de globos e doutros artefactos pirotécnicos, que en todos os casos estean relacionados coa celebración de festas locais ou de arraigada tradición cultural, están suxeitos á autorización previa do respectivo concello, que incluirá as medidas específicas de seguridade e prevención axeitadas. O concello comunicará ao distrito forestal correspondente ao seu ámbito territorial con 48 horas de antelación como mínimo.
No caso de que o índice de risco diario de incendio forestal sexa extremo, o concello non poderá autorizar a utilización de artefactos que leven aparellado o uso do lume, fogos de artificio, globos e artefactos pirotécnicos. Nos casos de que o índice de risco diario de incendio forestal sexa extremo o día da celebración, entenderanse revogadas as autorziacións emitidas con anterioridade.
Os lanzamentos de fotos de artificio ou artefactos pirotécnicos nos terreos forestais e nas zonas de influencia forestal só poderán ser realizados por persoal autorizado das empresas que figuren no rexistro sectorial desta actividade. Os fogos de artificio e artefactos pirotécnicos deberán empregar materiais ignífugos, ou ben ignifugados.
A autorización outorgada non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos e perdas que houber lugar no caso de que concorra neglixencia ou imprudencia.