Axudas extraordinarias a emigrantes galegos/as retornados/as (S.X. Emigración)

Normativa

RESOLUCIÓN de 24 de febrero de 2020, de la Secretaría General de la Emigración, por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de las ayudas extraordinarias a personas emigrantes gallegas retornadas y se convocan para el año 2020 (código de procedimiento PR905A)

Obxecto

Concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar retorno a Galicia.

Prazo

Finalización do prazo de presentación de solicitudes o 31/08/2020

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na CA galega:

  1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
  2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nadas en Galicia.
  3. Os/as fillos/as das persoas galegas e nadas en Galicia.

As persoas beneficiarias deberán ter a nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Requisitos

  1. Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.
  2. Estar empadroada e ter residencia nun concello da CA de Galicia.
  3. Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.
  4. Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do retorno a España e a data de presentación da solicitude.
  5. Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar. Considérase que son recursos económicos suficientes cando a suma da media dos ingresos que perciba cada membro da unidade familiar, nos dous meses anteriores ao da presentación da solicitude, dividido entre o número de persoas que a integren supere o importe do IPREMmensual vixente na data da solicitude. Consideraranse ingresos da unidade familiar os obtidos por calquera dos seguintes conceptos: rendementos do traballo, rendas de actividades económicas, profesionais, empresariais ou agrarias, pensións e prestacións, rendas do capital mobiliario e inmobiliario,
  6. Carecer de bens patrimoniais suficientes (bens mobles e/ou bens inmobles) na unidade familiar. (2)

Quedan excluídas destas axudas as persoas que resultasen beneficiarias en calquera das tres convocatorias inmediatamente anteriores á presente.

  1. Entenderase como unidade familiar a formada pola persoa solicitante e, se é o caso, polo seu cónxuxe non separado legalmente, parella de feito inscrita ou persoa unida por análoga relación, e os/as fillos/as da persoa solicitante solteiros/as menores de 25 anos, así como os maiores desa idade incapacitados, que residan na mesma vivenda. No caso de que persoa solicitante sexa solteira menor de 25 anos ou maior desta idade e incapacitada, a unidade familiar estará formada pola persoa solicitante e, se é o caso, polos seus proxenitores, irmán/s ou irmá/s solteiros/as menores de 25 anos, así como os maiores desa idade incapacitados, que residan na mesma vivenda. Só se computarán como membros da ud. familiar os que consten no mesmo domicilio segundo os datos do Padrón Municipal ou da certificación municipal de convivencia.
  2. Entenderase como bens mobles suficientes cando o valor dos bens mobles de todas as persoas da unidade familiar, na data de presentación da solicitude, supere o límite de 15.000 euros cando a unidade familiar estea formada por unha persoa, incrementado, se é o caso, en 3.000 euros adicionais por cada un dos restantes membros da unidade familiar; e como bens inmobles suficientes, cando a suma dos valores dos inmobles de todas as persoas que integran a unidade familiar, excluída a vivenda habitual, supere o límite de 50.000 euros, na data de presentación da solicitude..

 

Deixa un comentario

TurismoCee