Axudas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar como consecuencia do COVID – 19

BENEFICIARIOS

Familias con un ou máis fillos escolarizados en centros públicos xestionados pola Consellería de educación que teñan a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro.

IMPORTE DAS AXUDAS

O prezo público de comedor por menú e día é de 4,50 euros, incluíndo os custos de materia prima, consumos e mantemento das instalacións, persoal, …

Determínase que o prezo máximo a satisfacer é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 euros) no caso de gratuidade total e de un euro con cincuenta céntimos (1,50 euros) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 euro) pola prestación do servizo.

Esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xuta. Inclúen tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00:00 horas do día 12 de abril. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma calcúlanse os días lectivos ata o 1 de maio.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo no que se escolarizan as súas fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario específico que anunciarán ás familias.

O prazo de presentación de solicitudes para atender o pagamento das compensacións comezará o día 31 de marzo de 2020 e rematará o 6 de abril de 2020, ambos os dous incluídos.

As familias que precisen que o centro educativo colabore na formalización da solicitude poden contactar cos centros educativos vía telefónica:

CPI PLURILINGÜE EUGENIO LOPEZ

Horario de 9:00 a 13:30 horas.

Chamar ó número de teléfono 881880456

Debedes aportar a seguinte información:

  • DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a).
  • Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería.
  • Nome e apelidos do titor/a: nome, apelidos e curso dos fillos/fillas.
  • Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

MÁIS INFORMACIÓN

DOG. Axudas bolsas de comedor escolar. COVID-19

Deixa un comentario

TurismoCee