Axudas ao alugamento do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021

Axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de Vivenda 2018-2021

Normativa

Orde do 2 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 172 do 11/9/2019) VI432A e VI432B

Obxecto

Concesión (VI432A) e a renovación (VI432B) das seguintes axudas ao alugamento de vivendas, de conformidade co Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021:

  • Liña A, axuda ao alugamento de vivenda:a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. 
  • Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente:a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

Prazo de presentación

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, ata o 11 de outubro de 2019.

Lugar de presentación:

Deixa un comentario

TurismoCee