BANDO. Candidatos a xurado

A Lei Orgánica 5/1995 do Tribunal do Xurado, de 22 de maio, mailo Real Decreto 1398/1995, de 4 de agosto, modificado polos Reais Decretos 2067/1996, de 13 de setembro, e 1271/2012, de 31 de agosto, establecen o
procedemento legal para a formación das listas de candidatos a xurados.

Para o seu cumprimento, a Delegación Provincial da Coruña da Oficina do Censo Electoral vén de determinar que o sorteo para a formación destas listas se leve a cabo
o vindeiro día 25 de setembro, ás 12:00 horas na Sala de Xuntas da Oficina, situada na Rúa Adelaida Muro, 12, 15002 A CORUÑA.

En relación co devandito sorteo, faise público que o censo vixente de candidatos a xurados estará exposto neste concello para a súa consulta e reclamación do 13 ao 19 de setembro de 2024.

En Cee, na data da sinatura electrónica
A alcaldesa.

Margarita Lamela Louzán
[Documento asinado electrónicamente]

Deixa un comentario

TurismoCee