BANDO. Consulta do Censo Electoral eleccións ao Parlamento de Galicia 2020

Bando sobre a consulta do censo electoral de cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia

BANDO

Faise público que o Censo Electoral Vixente para as eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o día 5 de abril de 2020, poderá consultarse nas oficinas municipais do 17 ao 24 de febreiro, de 9:00 a 13:30 horas, para os efectos de presentación de reclamacións.

Recoméndase consultar especialmente polas persoas que fixeron recentemente 18 anos ou que os van facer ata o día da votación e, tamén, as que modificaron o seu domicilio nos últimos meses.

O Censo pode consultarse tamén nos teléfonos 981.217.439, 981.217.426, 901.101.900 e, con Certificado Electrónico, no enderezo web https://sede.ine.gob.es/ce-internet1/?lang=es_ES

Así mesmo, durante o mesmo prazo, os electores poderán solicitar a exclusión das copias do censo electoral que se entregan aos partidos políticos para realizar envíos postais de propaganda electoral. Este trámite poderá realizarse no Concello e tamén na sede electrónica do INE.

En Cee, 13 de febreiro de 2020
A alcaldesa
Margarita Lamela Louzán

BANDO. Consulta Censo Electoral Eleccións ao Parlamento de Galicia

BANDO. Consulta Censo Electoral para as Eleccións ao Parlamento de Galicia

 

Deixa un comentario

TurismoCee