Bando sobre a consulta do censo electoral de cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia
BANDO
Faise público que o Censo Electoral Vixente para as eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o día 12 de xullo de 2020, poderá consultarse nas oficinas municipais do 25 de maio ata o 1 de xuño, de 9:00 a 13:30 horas, para os efectos de presentación de reclamacións.
Recoméndase a súa consulta especialmente polas persoas que fixeron recentemente 18 anos ou que os van facer ata o día da votación e, tamén, as que modificaron o seu domicilio nos últimos meses.
O Censo pode consultarse tamén nos teléfonos 981.217.439, 981.217.426, 901.101.900 e, mediante o sistema Cl@ve, no enderezo web: https://sede.ine.gob.es/consulta_electoral_elecciones
Así mesmo, durante o mesmo prazo, os electores poderán solicitar a exclusión das copias do censo electoral que se entregan aos partidos políticos para realizar envíos postais de propaganda electoral. Este trámite poderá realizarse no Concello e tamén na sede electrónica do INE.
En Cee, 19 de maio de 2020
A alcaldesa
Margarita Lamela Louzán
BANDO. Consulta Censo Electoral Eleccións ao Parlamento de Galicia