Faise público que o Censo Electoral Vixente para as eleccións ao Parlamento Europeo, que terán lugar o día 9 de xuño de 2024, poderá consultarse nas oficinas municipais do 22 ao 29 de abril, de 9.00 a 13.30 h, para os efectos de presentación de reclamacións.
Recoméndase a consulta particularmente polas persoas que fixeron recentamente 18 anos ou que os van facer ata o día da votación e, tamén, as que modificaron o seu domicilio nos últimos meses.
O censo pode consultarse tamén no teléfono da delegación provincial da oficina do Censo electoral 900.343.232 (gratuíto), e así mesmo, con autenticación sistema Cl@ve, no enderezo web https://sede.ine.gob.es/ durante o mesmo prazo, os electores poderán solicitar a exclusión das copias do censo electoral que se entregan aos partidos políticos para realizar envíos postais de propaganda electoral. Este trámite poderá realizarse no concello e tamén na sede electrónica do INE:
https://sede.ine.gob.es/oposicionPartidos/presentacion?lang=es_ES
A alcaldesa
Margarita Lamela Louzán
BANDO. Consulta censo electoral Eleccións ao Parlamento Europeo 2024
BANDO. Consulta Censo Electoral para as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024