BANDO. Lumaradas de San Xoan 2021

LUMARADAS DE SAN XOÁN 2021

INSTRUCIÓNS DE SOLICITUDE E NORMAS DE SEGURIDADE.

  • As persoas, organizacións e comunidades que desexen realizar unha lumarada en espazos privados, durante a noite de San Xoán (do 23 ao 24 de xuño), deberán presentar a solicitude correspondente no Rexistro Xeral do Concello de Cee ou pola Sede Electrónica desta Administración, ata as 13.30 horas do 18 de xuño, sinalando o nome, enderezo/e-mail a efectos de notificacións, teléfono e fotocopia do D.N.I. dos responsables da organización ou comunidade, localización do espazo privado.
  • As persoas responsables teñen que ser maiores de idade.
  • As/os organizadores deberán coidar os arredores e coñecer os números de teléfono de Emerxencias: protección civil (112) e garda civil.
  • Zona urbana: O volume de combustible da lumarada non sobrepasará os 3 m. de perímetro, nin 1 m. de altura.
  • Rural: O volume do combustible da lumarada non sobrepasará os 6 m. de perímetro/diámetro nin 3 m. de altura.
  • A separación entre as lumaradas, edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano serán como min. de 12 m., excepto no casco urbano.
  • Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non exista ningún local no que se almacene produtos inflamables.
  • Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, acentes, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.
  • En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), ainda que estean baleiros.
  • Ao finalizar a lumarada e antes de abandonar o lugar da mesma, os responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas.
  • Será obrigatoria a limpeza do espazo autorizado ao remate da actividade, incluidos os elementos utilizados para o desenvolvemente do mesmo, inmediatamente despois de rematar a lumarada e/ou sardiñada.
  • As organizacións atenderán as reivindicacións de Policía Local e dos Bombeiros.
  • O Concello por iniciativa propia ou por instancia do Servizo Provincial de Prevención de Defensa contra incendios forestais, poderá revogar as autorizacións nos casos nos que non sexa posible garantir as medidas de seguridade e prevención de incendios. A autorización non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos e perdas a que houbera lugar no caso que concorra neglixencia ou imprudencia.
  • Deberase, en todo caso, respectar as limitacións de aforo e demais que estableza a lexislación autonómica e/ou estatal co gallo da COVID.

Asinado dixitalmente.

Alcaldesa do Concello de Cee.

Margarita Lamela Louzán.

Consulta íntegra do Bando Municipal

Consulta íntegra do BANDO Municipal

Deixa un comentario

TurismoCee