Co fin de reforzar as medidas de prevención e de conformidade coa comunicación da Consellería de Sanidade, adóptanse a seguinte medida:
Suspensión do mercadillo dominical do día 29 de novembro de 2020, aos efectos de proceder a súa nova organización, en cumprimento das indicacións dadas polo organismo competente.
Consecuencia do anterior, infórmase que conforme ao artigo 8.h) da Lei 13/2006 de 27 de decembro de horarios comerciais de Galicia, gozan de liberdade horaria os establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de menos de 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente. É dicir, éstes últimos deberán permanecer pechados o día 29 de novembro de 2020, dado que a súa apertura está vinculada a celebración do Mercado Dominical (artigo 8.e da mesma lei).
Faise saber que, o Domingo 29 de novembro de 2020, os establecementos comerciais de máis de 300 metros cadrados permanecerán pechados.