BANDO. Peche dos establecementos de máis de 300 metros cadrados pola suspensión do Mercado Dominical o domingo 13 de agosto.
As Festas Patronais da Nosa Sra. Da Xunqueira 2023, coinciden en Martes e Mércores (15 e 16 de agosto) e a atraccións das festas estarán colocadas o día 13 de agosto.
Tendo en conta que, o domingo 13 de agosto está suspendido o Mercado Dominical, infórmase que conforme ao artigo 8.h) da Lei 13/2006 de 27 de decembro de horarios comerciais de Galicia, gozan de liberdade horaria os
establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de menos de 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente.É dicir, éstes últimos deberán permanecer pechados o día 13 de agosto de 2023, dado que a súa apertura está vinculada a celebración do Mercado Dominical (artigo 8.e da mesma lei).
Faise público que, o Domingo 13 de agosto de 2023, os establecementos comerciais de máis de 300 metros cadrados permanecerán pechados.
O 16 de agosto de 2023 é festivo local, neste Concello de Cee.