BANDO. Peche dos establecementos de máis de 300 metros cadrados pola suspensión do Mercado Dominical o domingo 17 de agosto.
As Festas Patronais da Nosa Sra. Da Xunqueira 2025, coinciden o 13 (mércores), 14 (xoves), 15 (venres) e 16 (sábado) de agosto.
As atraccións das festas estarán colocadas dende o día 12 ata o 17 de agosto.
Tendo en conta que, o domingo 17 de agosto está suspendido o Mercado Dominical. Infórmase que conforme ao artigo 8.h) da Lei 13/2006 de 27 de decembro de horarios comerciais de Galicia, gozan de liberdade horaria os establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de menos de 300 metros cadrados.
Están excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente.
É dicir, estes últimos deberán permanecer pechados o día 17 de agosto de 2025, dado que a súa apertura está vinculada a celebración do Mercado Dominical (artigo 8.e da mesma lei).
Faise público que, o Domingo 17 de agosto de 2025, os establecementos comerciais de máis de 300 metros cadrados permanecerán pechados.
