BANDO. Peche dos establecementos de máis de 300 metros cadrados pola suspensión do Mercado Dominical o domingo 16 de agosto.

BANDO

As Festas Patronais da Nosa Sra. Da Xunqueira 2020, coinciden en fin de semana (15 e 16 de agosto).

Tendo en conta que, o domingo 16 de agosto está suspendido o Mercado Dominical, infórmase que conforme ao artigo 8.h) da Lei 13/2006 de 27 de decembro de horarios comerciais de Galicia, gozan de liberdade horaria os establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda ao público de menos de 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente. É dicir, éstes últimos deberán permanecer pechados o día 16 de agosto de 2020, dado que a súa apertura está vinculada a celebración do Mercado Dominical (artigo 8.e da mesma lei).

Faise público que, o Domingo 16 de agosto de 2020, os establecementos comerciais de máis de 300 metros cadrados permanecerán pechados.

 

Asinado dixitalmente ao marxe.
Alcaldesa do Concello de Cee.
Margarita Lamela Louzán.

 

BANDO. Peche dos establecementos de máis de 300 metros cadrados pola suspensión do Mercado Dominical o domingo 16 de agosto.

BANDO. Peche dos establecementos de máis de 300 metros cadrados pola suspensión do Mercado Dominical o domingo 16 de agosto.

Deixa un comentario

TurismoCee